Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 6 de agosto de 2013

DIAS DE VACACIÓNS

Estamos entrados no me de agosto, o mes por excelencia do momento de pechar todo e irnos aos memos sitios abarrotados que o noso bolsillo nos permita…Nótase que neste país as vacacións incrustaronse na noso interior como un xen máis…o número 24…

Así todo o mundo se vai de vacacións , á praia, á aldea, ou á otra parte do mundo, pero en agosto cóllese vacacións!! Así que durante estes días nos esquecemos da crise e de todos os problemas do país, como se non existirán...incluso os políticos…e así todos os nosos queridos diputados, senadores, parlamentarios membros do goberno e resto de calaña política diríxense ao seu destino vacacional, como se se poidese apagar os problemas deste país como se apaga una luz….durante estos días xa non importa a crise económica, o número de parados, os casos de corrupción ou os problemas laborais…
E que a verdade os nosos políticos teñen moito traballo e por eso precisan destas vacacións…un traballo agotador dedicado á descalificación do contrario e a búsqueda dos intereses dos lobbis, do FMI, do Gran Capital (sexa quen sexa este Sr. ou Sra) e de Ánxela Merquel (que en sí é un lobbi)…e todo elo remunerado con minisoldos, sen posibilidade de cobrar comisión ou sobresoldos…non sei se se nota que tento ser irónico, porque vergoña lles devia de dar a estos supostos servidores públicos de coller vacacións nesta época.

A modo de exemplo do traballo que fixeron os nosos políticos a nivel estatal decir que por exemplo, os 350 diputados e doucentos e pico senadores aprobaron un total de 13 LEIS EN 8 MESES QUE LEVAMOS DE ANO!!!...se temos en conta que en xaneiro están de vacacións fai una media de DUAS POR MES!!!. Con elo non digo que deberán sacar una por día, pero coa marabunda de normativa e de normas con enormes defectos, creo que polo menos deberían de traballar un pouco mais.
Pero esto das leis só é un exemplo do gran traballo das nosas señorías, porque as preguntas parlamentarias mellor deixalas esquecidas porque para calquer persona pode ser un insulto ver as preguntas inútiles que fan, deixando de lado as grandes preguntas que deberías de facer o Goberno… e que este debía de contestar; pero como traballa moito non pode facer...

Goberno, que agora está desaparecido…xa non hai problemas… xa non hai Barcenas, nin problemas de prima de risco (tamén se debeu ir de vacacións), nin parados…

Pero non pasa nada, pois en agosto todo se vai de vacacións…así que todo quedará para septembro…ou outobro…ou para o ano que ven, porque; en fin; a eles non lles afecta nada desto, e se os problemas non se resolven…non pasa nada!!….que aínda quedan tres anos para as próximas eleccións.

domingo, 4 de agosto de 2013

ARRANCAMOS


É momento de voltar a escribir, é momento que retomar ás verbas para atacar todo aquello que creo que está mal neste mundo que se desmorona nesta crise total e que parece que se enraiza nesta sociedade.

Voltar á luz despois de tantos anos vai a resultar difícil e complexo, pero creo que teño que facelo, porque desde ás novas tecnoloxías pódese instar a esta sociedade aletargada a levantarse deste pozo negro n oque se atopa e conquerir o combio que tanto necesita.

Non creo que eu só sexa o que vai a levantar esta sociedade pero si que creo que son un máis que se debe de sumar aos miles que cada día máis enchen ás redes sociais para conquerir o momento da masa que permita o cambio tan necesario.

Tamén, é sen perder o orixe deste blog…falaremos de cultura, viaxes e do que se tercie. Agardemos que desta vez sexa posible a continuidade.

miércoles, 18 de abril de 2012

RECOMEZO

Boas a todos aqueles que estaban esperando que se volvera a publicar dende este blog que se caracteriza pola veracidade e a honradez...a partires de hoxe voltamos con mais forza e a seguir a decir a opinión personal da realidade actual, pois hoxe o que se precisa para sair destes tempos de escuride é un faro de opinión veraz...e este vai a ser o que aconteza a partir de agora...un súdo é ata pronto.

miércoles, 8 de julio de 2009

CONFERENCIA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

A miña primeira experiencia nun curso de verán como conferenciante, e non como participante, foi digna de ser repetida. Os nervios invadíronme dende o primeiro momento, e mentres os outros dous conferenciantes expuñan as súas ponencias eu seguía pensando en como comezar. Pasaron pola miña mente miles de formas de expoñer os coñecementos adquiridos nas semanas anteriores sobre o cambio climático, pero ao final comecei facendo referencia a ponencia anterior e centrando a conferencia nas responsabilidades que temos cada un dos cidadáns no cambio climático.
Era un cambio con respecto as dúas anteriores ponencias e é que a primeira era dada por un profesor universitario especialista en economía aplicada ao cambio climático e a segunda polo concelleiro de medio ambiente do Concello de Nigrán centrada no urbanismo do concello de Nigrán con respecto ao cambio climática, pero cunha perspectiva negativa sobre o futuro que nos agarda; polo que decidín centrala na esperanza de que o cambio climático, aínda que sexa unha realidade, pódense extinguir, ou polo menos reducir, os seus efectos.
Ao longo dos minutos seguintes, aínda que poucos, intentei dar datos sobre a situación do cambio climático en España, de que os cidadáns somos parte do problema (e non só as industrias e as administracións), pero esperanzado no cambio porque tamén somos parte da solución xa que os gases invernadoiro que emiten os cidadáns dende as súas casas son un 30€ do total, así que todos de maneira individual e conxunta somos os que temos que traballar para deixar de emitir un exceso de CO2 a atmósfera.
Puxen exemplos que fun recopilando ao longo da fase de estudo, algún deles relacionados coa Confederación Hidrográfica del Duero e a xestión das augas.
O tempo pasou rápido, aínda que os nervios perviviron ata o derradeiro minuto, así que ao rematar sentín un alivio (pero tamén satisfación) cando dixen que “todos somos parte do problema, pero todos temos que ser parte da solución”.
Tamén cometín erros por mor dos nervios e así dixen que a enerxía renovable en España é un 20€ incluída a nuclear, cando o dato era sen enerxía nuclear xa que a enerxía nuclear en España constitúe “per se” un 20%.
A experiencia foi boa, e aínda que me gustaría dar outra con máis tempo, teño moito que mellorar e sobre todo utilizar outros medios como por exemplo os “power paint”, polo que terei que seguirme perfeccionando.

miércoles, 20 de mayo de 2009

VIAXE DE UN DÍA: SEGOVIA










Cando un se postra ante o acueducto de Segovia soamente pode ver pampo como dous mil anos de historia arquitectónica civil o contemplan. Dous mil anos no que o que parece agora sinxelo (levar auga de un punto a outro) foi feito para as xeracións da época da súa construción e da actual. Milleiros de pedras colocadas de tal xeito que sen argamasa poden aguantar a intemperie, á vez que son capaces de transportar auga dende a serra de Guadarrama (Madrid) até o mesmísimo centro da cidade de Segovia.
Máis non so o grande imperio romano deixou marca nesta cidade castelá, senón que o paso do tempo e da historia foi deixando impresa nas rúas da cidade os seus movementos. Dende arquitectura civil ate arquitectura relixiosa, e sen esquecernos da militar; temos en Segovia máis de 70 monumentos que visitar e coñecer. Por elo non é bo realizar a visita nun só día, senón que o mellor e utilizar un fin de semana, e para elo resultará curto.
Para visitar esta cidade, patrimonio da Humanidade, débese facer camiñando, non só porque é pequena, senón porque a maioría das súas rúas son peonáis e os poucos aparcadoiros céntricos soen estar ocupados os fins de semana, polo que é recomendable que se deixe o coche nas aforas e se achegue ao centro camiñando. As imaxes que vai reter a retina son impresionantes mentres se achega á cidade, sexa polo punto que sexa.
Os moitos lugares que visitar fai que non os poida citar a todos, pero destacarei os máis importantes. Excluído o monumento símbolo da cidade (o acueducto) cabe destacar primeiramente o Alcazar. Esta fortaleza, situada na outra punta da cidade con respecto ao acueduto, nace dos restos dunha fortaleza romana no século XI e foise reformando ate entrado o século XIX pasando por diversas finalidades. A súa entrada custa 3€ pero merece a pena. Tamén merece a pena as vistas que se teñen da cidade dende os xardíns que o rodean, así e como a imaxe que ofrece este monumento dende o Arco de la Fuencisla situado na estrada Segovia-Valladolid por Arévalo (C-605).
Outro monumento da cidade que merece a visita é a Catedral de “Nuestra Señora de la Asunción y de San Frutos” que se comezou a construír en 1525. pero non só destaca pola súa beleza exterior, senón tamén polas excepcionais obras de arte que nela se contemplan que teñen como culmen o “Cristo Yacente” de Gregorio Fernández.
Así poderíamos seguir e citar a lo menos unha ducia de igrexas como a “Vera Cruz” (s. XIII de estrutura dodecagonal e que pertence á Orde de Malta), “San Martín” (románica do século XII), “San Miguel”, “San Andrés”, “San Marcos” ou “Santa Eulalia”. Pero o a arquitectura relixiosa de Segovia ten máis expoñentes que igrexas, como son mosteiros (San Vicente el Real, Santa María del Parral ou San José), conventos ou o mesmísimo palacio episcopal, de fachada renacentista.
Pero non so se pode ver arquitectura relixiosa, senón tamén civil como o “Torreón de Lozoya”, “Casa de los Picos”, “Casa de la Moneda” ou “Palacio de los Condes de Mansilla”.
Mentres visitamos todos os monumentos de Segovia, percorreremos as súas rúas ateigadas de historia e as murallas que envolven a cidade antiga. Tamén poderemos percorrer o Barrio Xudeu e o Barrio “de los Caballeros”. Recomendarei nesta visita que se rice cada recuncho e cada rúa pois sempre poderemos atopar xardíns escondidos, que non soen estar tan visitados como as rúas principais e que son dignos de admiración como son os que están na Igrexa de “San Nicolás”.
Pero ademáis de visitar, non nos podemos esquecer de realizar un acto que sempre recomendo cando se viaxe, probar a gastronomía da zona, e neste caso, e sen ningún tipo de discusión esta o “lechón asado” que é a cría de porco aínda amamantado. Pero se non somos moitos ou non temos tanto saque como para comer un leitón enteiro, mellor comer un pincho de leitón.
Segovia deixará ao visitante repleto e quererá volver a unha cidade que deslumbra tanto polo día como pola noite…unha derradeira consideración as rúas principais no fin de semana sempre están ateigadas de visitantes, así que paciencia e tranquilidade.

domingo, 19 de abril de 2009

RUTA DO CARES






Non se pode dicir que se estivo nos Picos de Europa se non se visita o que se coñece como a “Garganta Divina”, a Ruta do Cares. Esta ruta de sendeirismo que se estende entre as provincias de León e Asturias é un camiño a facer por calquera persoa que lle guste dar largos paseos, e acompañado pola familia ou os amigos.
Nesta ruta de sendeirismo, non precisará ningún tipo de equipamento, nada máis que unha mochila con unha botella de auga, un bocadillo para repor forza, e unha cousa imprescindible… unha cámara con suficiente pila e memoria para sacar fotografías dende o primeiro minuto até o derradeiro do longo paseo. É que o visitante quedará marabillado pola maxestuosidade da natureza e polo enxeño do ser humano.
A ruta do Cares é unha garganta natural nos Picos de Europa feita polo río Cares nos miles de años que as súas augas levan percorrendo estas montañas…pero a ruta de sendeirismo é posible grazas a unha obra de enxeñería realizada entre 1919 e 1929 onde un grupo non superior a medio centena de homes perforaron a pedra dos Picos de Europa para construír un canal e un camiño de uns 14 quilómetros de longo dende Caín (León) até Poncebos (Asturias). Este canal suministraba auga é central eléctrica situada en Caín. A Auga era recollida na pequena presa de Caín.
A ruta do Cares podémola comezar en diversos lugares pero o máis recomendado é facer a ruta máis espectacular que é entre Caín e Poncebos, que son 14 quilómetros de ida que hai que percorrer de volta. Outro opción é deixar un coche en Poncebos e outro en Caín o que sucede é que por estrada estas dúas localidades están separadas por máis de 100 quilómetros, polo que existen tres opcións, ou facer ida é volta, ou facer unha viaxe con un dos moitos grupos organizados, ou ben coordinarse para un grupo, uns sair de Caín e outros de Poncebos e cando se crucen intercambiar as chaves dos coches.
Eu fixen a ida e volta e a verdade non é que sexa de moita dificultade para unha persoa máis ou menos preparada, iso si nese paso é mellor comezar cedo porque aínda que camiñando a bo ritmo en 3 horas pódese facer, o pracer de ver os picos de Europa no seu esplendor fará que o camiño se relentice facendo fotografías e quedándose pampo mirando ao redor.
A parte máis impresionante é a parte da provincia de León, pois comezando por Caín entras por unha gruta artificial escavada nas montañas nas que estaremos a escuras, salvo pola pouca luz natural que poda entrar polas “ventás” feitas na pedra. Unha vez superados eses túneles (estreitos e baixos) xa estaremos ao aire libre nun camiño no que non collerán máis que dúas persoas de ancho e que transcorre ás veces á par do canal, outras por riba de aquel e outras por debaixo, pois o canal está incrustado, na súa maioría, nas montañas.
Poderemos ver unha multitude de animais e incluso ao noso carón estarán cabras montesas, que incluso nos seguirán no camiño. Tamén admiraremos a maxestuosidade da auga que circula ceibe e pura por entre as rochas.
O camiño é fácil, pois é practicamente chan excepto na parte de Poncebos na que existe unha pequena subida e unha pequena baixada. Pero a cuestión é que ao final da ruta (sobre todo se a facemos ida e volta) acabaremos total mente cansado e no momento en que nos sentemos non desexaremos levantarmos.
A aqueles que lles guste o montañismo, na metade da ruta poden coller outras rutas como é a ruta da Reconquista, que foi a seguida por Don Pelayo na batalla de Covandonga ou a de Covadonga que leva até os lagos, pero a súa duración e de cerca de 9 horas, así que esa ruta é para ir preparados.
Para acabar dicir dar uns pequenos consellos ao lector que o queira facer. O primeiro e que estamos nun parque natural, polo que está prohibido coller plantas ou pedras ou molestar aos animais que se atopen na zona, e tamén está prohibido deixar restos. O segundo é que temos que admirar as aldeas de Caín e Poncebos, pois son as típicas aldeas de montaña que desprenden un encanto especial. O terceiro e que a entrada por Caín por estrada é moi complicada, así que hai que conducir con coidado. E por último é que esta ruta é moi concorrida polo que é recomendable non facela nin no mes de agosto, nin os fines de semana dos meses de verán.

martes, 10 de marzo de 2009

A VIAXE DUN DÍA: COCA E CUELLAR.


O primeiro artigo será sobre a última viaxe polas terras castelán-leonesas; aínda que non será a única nos vinddeiros días.
Esta viaxe é de realizar nun só día intenso polas terras segovianas. O día comezará visitando a vila de Coca; á que se pode chegar ben dende Valladolid ou dende Madrid. Unha vila no que os aires da historia chegan até o gran imperio romano, pois este é o lugar de nacemento de Flavio Teodosio “o Grande”; un dos dous emperadores romanos nacidos na provincia hispánica.
Chegando dende Valladolid (como o fixen eu) a imaxe é preciosa, como se pode ver na primeira das fotografías na que se ve ao fondo o castelo e a torre de San Nicolás.
Unha vez que se entra na vila, estaremos ante unha vila tipicamente castelá con casas de pranta baixa, sobre as que destacan catro monumentos. O primeiro é a igrexia gótica rematada de contruir en 1520 sobre unha igrexa románica anterior. Está construída en ladrillo, ainda que os seus contrafuertes son en pedra caliza. E a única das sete igrexas coas que algunha vez chegou a contar Coca.
O segundo dos monumentos, é visible dende calquera punto da vila é a Torre mudexar de San Nicolás. Unha torre que foi o campanario dunha igrexa mudexar do século XII actualmente derruída. Ten unha envaegadura de cinco pisos de alto, dándolle un toque de distinción a esta gran vila.
O terceiro dos monumentos e o pequeño pedazo de muralla que se conserva. Estamos ante uns 200 metros de muralla medienval, aínda que os seus orixes remóntanse a época romana. Só se conservan estos poucos metros, ainda que orixinalmente rodeaba totalmente a vila, xa que cando a vila creceu as novas vivendas construíronse sobre a muralla e posteriormente foi derruída para aliviar o aglomeramento da vila e dar máis hixiene á mesma; utilizándose a muralla como canteira polos veciños. Xunto este pedazo de muralla atoparemos dous cabalos na parte exterior de orixe romano, e un busto dedicado a personaxe máis insigne desta vila Teodosio. Á muralla pódese subir, e se vai bo tempo pódese ver os montes entre as provincias de Segovia e de Madrid e se prestamos atención podemos ver como a forma das montañas parecen unha muller recostada (aínda que hai que votarlle imaxinación).
Aproveitando uns poucos metros da muralla e un antigo castelo, atopamos o castelo-palacio de Coca. Foi mandado construír no século XV por Fonseca, e aínda que a súa construcción en ladrillo parece que lle outorga debilidade, o grosor dos seus muros da unha impresión de rudeza e grandeza increíble. O castelo foi seríamente danado polas tropas napoleónicas, aínda que reconstruído conxuntamente entre a que era a súa propietaria; a duquesa de Alba (algo moi usual nestas terras castelás que esta nobre teña grandes propiedades); e a Xunta de Castela e León para albergar a escola de capataces agrarios. Actualmente pódese visitar e ver os innumerables ocos que alberga.
Toda esta visita levaralle ao visitante toda a mañá, pois ademais sempre hai outros monumentos que ver como é o “centro cultural Fonseca”, o Hospital de “Nuestra Señora de la Merced” ou o “Puente Chico” de construcción medieval. Por en, recomendo ao lector que queira visitar a zona, que coma na zona, pero os seus produtos típicos, que lle ofrecerá calquera restaurante-bar da zona e que son, a saber, os produtos ibéricos, a cría de porco asado (“cochiñillo asado”) e de postre, piñóns.
Despois dun xantar algo forte, a tarde será doutra vila preciosa: Cuellar, que se atopa a uns 15 quilómetros de Coca. Por desgraza eu non tiven tempo de podelo ver todo xa que tiven a mala sorte de utilizar a tarde do domingo para todo, pero o pouco que puiden ver impresiona. O castelo é moito máis impresionante que o de Coca, xa que a construción é de pedra, o que supón que pareza moito máis rudo é resistente, aínda que máis pequeno en altura. A pena é que parte da súa muralla exterior non existe ao estar completamente derruída no momento de reconstrución do castelo.
En fronte ao castelo atoparemos unha igrexa no que o campanario, máis que un campanario é un minarete, e dicir, unha torre de vixilancia que seguramente formaba parte da muralla exterior do castelo, e sería aproveitada cando o castelo foi deixado de ser útil. Esta teoría é lóxica porque a igrexa é posterior, no seu estilo e material á do seu campanario, o cal se parece máis ao castelo.
Finalmente puiden ver unha das igrexas de Cuellar, de estilo románico aínda que xa comezan a divisarse carácteres de estilo gótico nos seus contraforte exteriores que están independentes da parede que forma a igrexa.
Ata aquí todo o que puiden ver nunha intensa tarde de domingo do final de inverno, quedándome para outro día rematar a visita a Cuellar e visitar Íscar; a terceira vila importante da zona e que de camiño de volta a Valladolid, puiden ver que ten unha fortificación bastante interesante; aínda que a escuridade pode confundir ao ollo humano.
Para máis coñecemento e información sobre a zona pódese ver ás páxinas web:
Concello de Coca: http://www.coca-ciudaddecauca.org/
Concello de Cuellar: http://www.aytocuellar.es/