O Ser Humano ten unha cualidade (ou defecto segundo se mire) que consiste en que se ten un problema esquécese de todo o demais, aínda que o outro fora unha cuestión que estivera en boca de todos. Este é o caso do tema do aborto, un tema que está enriba da mesa dende hai anos, pero que nos últimos meses tivo puxanza a partires da creación dunha mesa para estudar a posibilidade de modificar a actual lexislación sobre o aborto e facela máis permisiva; pero que co paso da crise financeira mundial pola economía mundial parece esquecida pola cidadanía; pero o proxecto segue adiante e ante elo creo que se debe de analizar por todos en xeral.
Nun recente estudo deste mesmo blog os votos a favor dunha nova lei sobre o aborto gañou sobre os votos en contra, pero non de maneira arrasante ( 66% a favor, frente ao 33% en contra). Unhas enquisas que se asemellan ao resto de enquisas que aparecen nos medios de comunicación.
Como se pode observar este tema é moi controvertido; igual que outros temas como a eutanasia activa ou a regulación da prostitución. Pero o problema deste tema non é se se debe de legalizar ou non o aborto, xa que este é legal en tres supostos (violación, risco grave para a vida da embarazada e malformación grave do feto), senón que a dúbida reside en saber si se debe permitir o aborto libre dentro duns prazos establecidos…e é aquí onde nos atopamos nun terreo perigoso, porque non só entra a debater a ciencia médica, senón tamén entra en liza as ideas morais e as crenzas relixiosas onde a discusión é sobre se o feto é ou non un ser humano…se entrar neses camiños máis éticos que xurídicos podemos analizar a posibilidade de abortar.
Partamos en todo caso dunha situación, e é que nun aspecto médico é posible abortar en todos os estados de xestación, pero está claro que existen límites infranqueables como é abortar aos 8 ou 9 meses de xestación, posto que ese feto podería vivir fora do seo materno. Pero poderíase abortar nos supostos de que sexan só fetos dunhas semanas de xestación? E aquí onde entramos dentro da liberdade da embarazada e do posible dereito á vida do feto. Está claro que a liberdade individual entra dentro da posibilidade de dispor do propio corpo mentres con ese xesto non se faga dano a liberdade doutras persoas…e o feto, legalmente non é unha persoa, polo que como parte do corpo da nai, está claro que pode dispor sobre el…pero con límites como os que xa se sinalaron anteriormente. Pero esta idea choca contra as ideas que propugnan que o feto é un ser vivo que a nai non pode dispoñer sobre o mesmo. A esas ideas so lles pregunto: se a nai non está o feto sobreviría? Está claro que non, salvo nos supostos nos que médica e tecnolóxicamente sexa posible. Polo que no resto dos supostos o feto é parte da nai e polo tanto seguindo coa argumentación da liberdade individual anteriormente indicada, deberíase dar a posibilidade de abortar á nai.
Pero como sempre ocorre a lexislación que regule o aborto por prazos debe por límites, non só temporais (que está claro que si), senón tamén limites que afecten á educación ás persoas, tanto á todos os cidadáns do que supón o aborto, como tamén á persoa que quere abortar indicándolle o resto de posibilidades que existen aparte do aborto, como é o caso da adopción; e os posibles traumas psicolóxicos á nai. Tamén se debe de educar sobre que o aborto non é un método anticonceptivo, senón unha medida excepcional…por elo que é mellor a prevención de embarazos que abortar.
Indicado que se debe de dar a posibilidade de crear unha lei de prazos para abortar, e da existencia de unha serie de requisitos previos médicos, educativos e psicolóxicos para poder abortar debemos de analizar a liberdade dos médicos para poder decidir se abortan ou non, porque o médico ten ideas propias, e en ningún caso pódese acudir en contra dos propios principios; máis se estamos nun estado democrático, polo que a lexislación debería de prever a existencia da obxección de conciencia dos médicos. Compaxinando desta maneira a liberdade da nai de abortar, coa liberdade de pensamento do médico.
Finalmente indicar que todas estas ideas son persoais, e teñen que ver co meu propio entender sobre o aborto, posto que para min o aborto é un dereito da nai, pero con límites de requisitos previos que pasar e límites temporais (para min un aborto dun feto de 8 meses é como matar un recen nacido) ademais que polo controvertido do tema, ao entrar dentro da moral e das ideas de cada persoa deberase sempre de dar a posibilidade de obxección de conciencia.
Frases celebres
"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario