Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

domingo, 15 de junio de 2008

AS MEDIDAS SOCIAIS DA UE

Uns dos fins da Unión Europea (UE) é, entre outros, seguir progresando na protección social dos traballadores europeos, para que desta maneira se consiga un mellor benestar social e con elo un maior progreso económico é social dos países membros.
O vindeiro 7 de novembro, o consello de ministros de traballo da UE pretende que por contrato, e se así se pacta libremente entre o traballador e o empresario a xornada laboral pode chegar a ser de entre 60 a 65 horas, o que supón aumentar a xornada laboral unhas 20 a 25 horas máis de traballo.
En verdade esta medida é social? En verdade esta medida axuda ao benestar dos traballadores?
A ver se nos situamos para contestar a estas preguntas. O primeiro, de verdade se cren que un traballador libremente pode pactar con un empresario aumentar o número de horas? Como pode ser isto se o empresario ten unha medida que arrima a balanza ao seu carón e é que o empresario pode despedir a un traballador mentres que eu saiba aínda non se viu o caso de que un traballador despedira a un empresario. Pode en verdade un traballador poder pactar libremente un número maior de horario laboral cando está en xogo a súa estabilidade familiar… Eu creo que nunca.
Pero sigamos analizando, un dos problemas da UE, é o número de parados, Cómo pode ser que se compaxine o aumento de número de horas de traballo, con conseguir o fin do desemprego? Se o número de postos de traballo será igual, ou incluso menos posto que estamos en época de desaceleración económico (segundo o goberno non hai crise), é o número de demandantes de emprego aumenta, se aumentamos o número de horas que pode traballar unha persoa; está claro o resultado… Se eu fora empresario e tivera traballo por valor de 180 horas semanais, agora necesitaría 3 persoas para sacar adiante o traballo, pero coa nova medida que se pretende só necesitaría dous traballadores,o que supón un traballador máis no para. Non fai falla ser matemático para saber dos resultados a nivel xeral…MÁIS PARO.
Pero aínda máis; pretendemos a compatibilidade entre a vida laboral e a familiar…como pode ser esto posible se agora vamos a poder pasar máis horas no lugar de traballo?
Finalmente podemos ver con esta medida estamos a volver a retroceder non xa ao século pasado (século XX) senón ao anterior, posto que foron nos anos 20 do século XX cando, despois de moitos anos de loita social conquerimos (falo en plural porque hoxe todos nos beneficiamos) a xornada de 45 horas semanais.
Con todo isto o que se demostra que a UE non perdeu o espírito librecambista no que se fundou, por moito que se envolvese en políticas sociais como o Fondo Social Europeo, sigue tendo un corazón no que está presente o Comercio e o beneficio.
Pero aínda queda esperanza, pois queda porque esta medida se aprobe por parte do Parlamento Europeo, espero que os políticos que alí nos representan a todos os europeos vexan que se aproban dita medida, non só conseguirán larga máis paro e un benestar social menos; senón que votarán ao abismo do esquecemento a sangue de todos aqueles traballadores que loitaron pola xornada laboral de 40 horas, e sobre todo polos dereitos laborais dos que todos agora nos beneficiamos. Pero se non se lle pon freno a esto que será o próximo, arrebatarnos as vacacións?
EN MEMORIA DOS CAÍDOS, NIN UN PASO ATRÁS.