Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

domingo, 7 de octubre de 2007

NUNCA MÁIS

Costa branca, pel da terra,
Doce e suave tal que fermosa xoven.
Amiga da terra,
amante do mar
e nai de nais.
Muller fermosa e sabia.
velo soño das gaivotas,
terra dos mariñeiros
e pan dos labregos.
Tan doce coma forte,
tan amable coma enfurecida,
pero nunca olvidada.
Gran costa ferida pos “nosotros”,
pero curada por nós.
Sangue negra sae das túas entrañas, que,
ferida por arma branca,
soltan o sangue que nos mata.

Gran mancha branca
traballa nas túas areas ennegrecidas
por unha sangue noxenta,
provinte da incompetenza foránea.
A eles debemos a vida,
sen eles a morte acaecería.
Exército empedernido;
que día tras día loitan sen descanso
contra un enemigo incansable;
sen máis soldo cá satisfacción,
sen máis aguinaldo cá soriso dun neno,
sen máis pracer cunha praia dourada.

Homes que coas súas,
máis que pequenas cunchas,
loitan contra os elementos cada día,
arriscándose a morrer,
para intentar un futuro con vida.
Cada noite, na que todo se esquece,
traen a captura que os enche de merda,
coa desesperación de saír mañá
para sempre manter a vida.

Mulleres, homes, nenos e vellos.
Galegos, asturianos, vascos, madrileños,
casteláns, cataláns, navarros,
andaluces e xente do mundo enteiro
que deixades os vosos faceres,
para emporcarvos na merda,
tedes o favor dos galegos
que vos prestan unha soa palabra:
GRAZAS


O Dragón Soñador
10/12/2002

martes, 18 de septiembre de 2007

TERRA DE PAIXÓN

Quero estar nesta terra,
que non me viu nacer,
máis está preto no meu crecer
porque entrou nas miñas veas;
producíndome un reaparecer,
no meu interior, dunha paixón
que desexa os teus territorios percorrer.

As siruetas dos teus lindeiros
lembran o suave movemento
dos dourados campos de centeo,
lentamente mecidos polo vento.

Unha preciosa pel
recubre o teu corpo eterno,
símbolo de vida e paixón
no que gozoso me enterro,
sentíndome dentro de ti;
tocando o rico terreo
que me outorgas dende o interior.

Anhelo as sinuosas ladeiras
dos montes no que me gusta estar,
e dos profundos recobecos,
que tanto gusta visitar.

Dous luceiros permenestes
vixían estas fronteiras,
as que nadie pode prenetar
e as que só eu teño dereito,
porque sen podelo entender,
graváronse no meu peito,
para non poderte esquecer.

Es o país do meu corazón
do que formo único habitante,
que agrada con ilusión:
ser eterno amante.

9 de febreiro de 2007
Dragón Soñador

miércoles, 5 de septiembre de 2007

GALEGO

Lingua de poetas e labregos,
lingua de nais e fillos,
lingua de emigrantes e refuxiados,
lingua de mariñeiros e labregos.
Palabras do pobo e das xentes.
Nai repudiada por algúns,
e amada por outros,
pero nai de todos.
Urbana e rústica,
coma ningunha outra;
presente na rúa e na casa,
no lar e no bar.
Presente no mar e na horta,
no fogar e no palleiro.
Comunicadora con nós,
entre nós,
e cos nosos ancestros.
Bocados de moitas xeracións,
e símbolo de unión;
do presente e do pasado,
do novo e do vello,
do aquí e do acolá.
Grande tesouro da Galiza,
do que me pareze
que nos vamos a olvidar.
Pero non ha de faltar,
quen do pobo galego
cre un novo cantar,
que a nosa nai
faga resucitar.

O Dragón Soñador

martes, 21 de agosto de 2007

UNHA RECOMENDACIÓN EDITORIAL


Este é o éxito editorial dun libro galego no ano 2005, o libro máis vendido en galego no ano 2004."Unha espía no reino de Galicia", publicada no xullo de 2004 pola editorial Xerais, non é máis que unha escolma dos artigos xornalísticos que Manuel Rivas foi publicando en distintos diarios de tirada nacional e incluso estatal. Así podemos atopar estos artígos na contrachapa do periódico "El País", o u en "La Voz de Galicia" ou en "A Nosa Terra". Como se pode deducir, moitos destes artigos foron escritos en castelán polo autor cando foron publicados nestas tiradas xornalísticas, máis agora ofreceselle ao lector en galego, nun gran traballo de traducción por parte do propio Manuel Rivas e do que dixo textualmente: que foi un "traballo de retello do que moito gocei".O libro divídese en catro partes ou capítulos que son as seguintes:1. Galicia contada a un extraterrestre. Este capítulo trae a súa causa nun artigo publicado en "El país semanal" no ano 2001, pero aquí aparece dunha maneira ampliada e actualizada a 2004. Esta parte Rivas configurouno coma unha carta (el ao comezo di que é un informe) que lle remite a un extraterrestre chamado Golf Oscar Delta e no que lle conta ao extraterrestre como é Galiza, a súa xente e a vida nesta terra, todo elo aderezado con moito humor e un pouco de crítica e ironía.esta parte creo que trae causa o titulo, pois esta carta parece presentada por un espía enviado polo extraterrestre, que se atopa infiltrado para estudiar a Galiza.2. A espía (Iªvolta). É unha escolma dos artigos xornalísticos publicados no diario galego "La voz de Galicia".3. A espía (IIª volta). Son tamén unha escolma de artigos xornalísticos, pero desta vez de "A nosa terra" publicados entre os anos 2003 e 2004. Nesta parte, así como na anterior, os artigos son curtos e cunha sistematía que máis que artígos periodisticos parecen monologos típicos de programas de televisión como "El club de la comedia".4. O blog de Rumbar. Son os artigos publicados na revista anterior entre o 4 de marzo do 2004 e o 3 de xuño do mesmo ano. Que como os dous anteriores non teñen unha temática única salvo a ironía e o humor.A grande cantidade de artigos que neste libro de 229 páxinas se recollen fan imposible resumir todos e cada un dos artigos neste libro xuntados, pero podemos resumir todos no seu conxunto que son unha visión humorística da vida, tradicións, costumes e peculiaridades de Galiza, todo elo mezcolado con ironía, sarcasmo, crítica, reflexión e cunha linguaxe moi culta pero que non aburre ao lector pois non se volve pedante, senón todo o contrario anima ao lector a seguir lendo até terminar. Algo que aperece en case todos os artigos do libro e o denominado "galego fetén" que ven a ser o que Manuel Rivas considera como o galego típico; que ao meu entender é o galego de aldea, que vai á súa vida, sen meterse con ninguén, vendo a realidede dende a loxanía e a estrañeza.Máis detalladamente e entrando nalgúns dos artígos que a min persoalmente me fixeron máis gracia e me fixeron pensar son; por ejemplo, aquel titulado "o can de palleiro" no que reivindica a reza do can de palleiro como can propio da Galiza, sinalándose del que é un tipo de can independente da familia na que vive, e dando como carácter deste a súa listeza, moito mais có seu amo.Outro dos artigos que me marcaron, sobretodo pola súa grande ironía é aquel no que se fala do político galego cambia-chaquetas. Sinaloa como unha raza que está en vía de extinción porque actualmente o cambia-chaquetas faino por convenienza, mentres que o cambia-chaquetas original faino por non estar aburrido e encasillado. Para o lector que teña un pouco de interese pola política galega dos últimos anos, pronto se dará conta que detrás desa historia surrealista atópase unha realidade máis que cotidiana na política galega.Tamén existen artígos, nos que se nos presenta, irónicamente, tradicións galegas como o comer o polvo, nas festas de San Froilán, e na que se presenta ao polbo como o galego que vive nos mares, polo que a festa de San Froilán é, ao entender da ironía de Rivas, unha festa fraticida xa que os galegos de terra comen os galegos do mar.Como se pode observar nos exemplos anteditos, neste libro non existe un único tema a ironizar senón que abarca dende as tradicións á política, así como a temas intranscendentes, dos que se pode dicir que o sacapuntas da ironía de Manolo Rivas sacou grande pica. Tamén analiza o governo de Manuel Fraga, e dos seus erros e deficienzas, así como dos governo do estado, sen deixar titere con cabeza. Pero non se vaia pensar o lector que a ironía coa que Rivas presenta estos artigos se circunscriben a ironía critica, senón que ademais de esta, utiliza a ironía positiva, coa que intenta pór de manifesto a súa importancia e a exclusividade da súa existenza en Galiza, como é o caso do artigo no que fala do Toxo, como a flor de Galiza.Este libro mostranos pois o Rivas que aparece en tódalas obras deste escritor galego, que é o Rivas comprometido, o Rivas reibindicador e o Rivas loitador contra os males de Galiza, pero tamén o Rivas defensor das cousas boas que existen na Nosa Terra e que están sendo destruidas polo progresismo destructor da sociedade actual. Este libro continúa co camiño marcado polos libros anteriores que poñen de manifesto o amor que este autor ten pola terra que o viu nacer.Garántolle á persoa que se anime a ler este libro que vai soltar máis de unha gargallada e vai relacionar situacións típicas que lle teñen acontecido ou que coñece cos artigos xornalísticos que o grande Manolo recompila.Dragón Soñador

lunes, 20 de agosto de 2007

PALABRAS DO CORAZÓN

Palabras que saen do corazón,
Axudádeme a cantar
Utilizando a linguaxe do amor.
Loubanzas a unha princesa
Atopada entre o poder das palabras,
E o obxecto deste rezo.
Soidade desaparecida,
Teño medo a que volvas,
Aínda que estes lonxe.
É ao que me acostumaches.
Unha esperanza que está en ti,
Na que se ampara miña alma,
Habendo posibilidade de esperar
A non espertar deste soño.
Fágoche aquí entrega dos sentimentos,
Outorgándoche letras de amor,
Renovando así o compromiso,
Materializado cunha ollada mutua,
Adquirida en tempo pasado;
Desenvolto até a actualidade,
E desexo de futuro
Digo que te amo,
Incitado polo que sinto,
Como me esixe o corazón
Inquedado polo medo a perderte,
Reixetando volver á soidade.
Qué me queda sen ti?
U-la esperanza sen ti?
É que non hai palabras, nin
Razóns que sexan suficientes
Ou que poidan definir,
Todo aquelo que sinto
E que non dou dito.


Esta poesía foi escrita en:
Auria 9 de maio de 2006

SAÚDOS DE DRAGÓN SOÑADOR


Doúvos un saúdo e a benvida a este blog que intenta por ao público ás ideas, os pensamentos e a actuación da inspiración nunha persoa particular.
Quizáis as poesías que aparecen non son para quedar no legado da literatura universal, como son as obras de Machado, Lorca, Neruda… ou, xa na nosa literatura, Rosalía ou Manuel Antonio.
Quizáis as ideas que poña aquí de manifesto non solucionan as inquedanzas que ao longo da historia invadiron, e seguen invadindo, os pensamentos da Humanidade.
Quizáis a mayoría do que apareza nesta páxina poida ser considerado por moitos coma inútil e prescindible.
Pero o que podo garantir é que todo o que aquí aparece sae do maxín, do corazón e da mente dunha soa persoa que puxo toda a súa boa fe e intención para expor ao público o seu interior.
Por todo elo so pido que leas o contido desta páxina antes de criticar, e despois de elo tires as túas conclusións e críticas, facendoas achegar ao e-mail: dragon_sonhador@hotmail.com, sen medo a que sexan boas ou malas; xa que so desa maneira podo progresar na miña vida intelectual e cegar a madurez dos coñecementos.
Antes de deixarte pasar aos contados Quero agradecerche profundamente que gastes o teu tempo en le restes contados, pero pensa que seguramente que non che farán quedar impasible.
Dragón Soñador
19 de agosto de 2007