Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 1 de julio de 2008

O PLACEVO DO POBO


Na cidade eterna, na época na que esta se estendía ata os confíns do mundo coñecido, os Emperadores utilizaban o Coliseum construído por Vespasiano como lugar onde divertir ao pobo romano; sobre todo en épocas nas que a política da cidade estaba alterada por algunha crise política. Distraendo, así, aos cidadáns de Roma dos problemas que verdadeiramente eran importantes para os seus intereses cotidiáns; facendo desviar as conversas entre eles a asuntos venais como que se tal gladiador merecía ser perdoado ou se tal outro debeu de gañar…
Pouco cambiaron as cousas dende entón…pero agora en vez de loitas a morte entre gladiadores no anfiteatro, o que temos é partidos de fútbol en estadios.
O que pretendo dicir é que a vitoria da selección na Eurocopa de 2008, deu aos españois algo máis que un título desexado por todos nós; un tema de conversa que fai levantar unha espesa néboa sobre os temas que realmente interesan aos cidadás deste gran país: a actual crise económica que afecta a toda Europa, e en concreto a España.
Desta maneira, durante case que un mes o tema de conversa entre os españois non foi se o barril de petróleo rompeu cotas históricas, ou se o IPC está por encima dos 4 puntos, ou se o Euribor atópase nun máximo que pon en grave risco as economías de numerosas familias; senón que os temas de conversación son que se a maldición de cuartos, que se Rusia non era para tanto, ou que por fin España vía recompensado os seu bonito xogo cunha copa.
Desta maneira cando espertemos unha mañá na que nos pasará a resaca de tanta “copa” …de Europa, vamos de darnos de conta que a maioría dos españois non aforran, que moitos non poden chegar a final de mes, que moitos están perdendo o seu traballo e que dentro de pouco a gasolina non a poderemos pagar, non só porque sexa tan cara coma o ouro, senón tamén porque non temos cartos coa que pagala porque o banco quédase coa maioría do salario que percibimos para pagar a hipoteca do piso, o crédito do coche, o crédito das vacacións, ou o crédito da televisión de plasma coa que vimos a Eurocopa e o DVD co que gravamos a final.
Entón si que vai ser unha grande sorpresa cando chegue o día 15 e xa non teñamos liquidez por tanta débeda ou prezos tan altos en produtos básicos coma a leite (que xa custa como a gasolina), a carne ou as verduras, e non se a selección conseguiu un título despois de tantos anos.
Porque unha verdade é clara, aos gañadores da Eurocopa danlles unha “mísera” prima de 240 mil euros, mentres que o resto dos españois (que supostamente tamén gañamos a Eurocopa) vannos dar unha subida da hipoteca, unha subida de prezos, un estancamento nos soldos e aos máis “afortunados” un posto de traballo na empresa con máis “traballadores” de toda España: o INEM…
Con esto non quero dicir que non me alegre pola selección española; todo o contrario, o celebro como o máis español de todos. Pero señores e señoras, que non nos confunda realidade; porque con gañar a Eurocopa ou cos Xogos Olímpicos ou coa Formula 1, ou con calquera outra distracción deportiva, non se soluciona o problema que actualmente sucede o cal é o que o goberno actual chama “desaceleración económica” ou o que o resto dos mortais e a RAE chamamos “crise económica”.
A realidade cotiá pervive debaixo desa mascara que lle pomos aos problemas, que distrae do que verdadeiramente interesa e que ao non solucionarse; porque non nos damos de conta que segue aí; segue acrecentándose até que escache por algún lado. E despois asustados, nos votemos ás mans á cabeza nun momento de susto e desesperación.
Con esto non quero ser o “amarga-festas”, pero vostedes pensan que con bandeiriñas, camisolas, bufandas e duchas nas fontes públicas celebrando a vitoria duns deportistas que non teñen problemas coas hipotecas, vaise solucionar a subida dos prestamos, a escalada dos prezos e a crise do petróleo? E que ningún se acorda que vai unhas semanas os transportistas protestaban pola subida dos hidrocarburos? Pois que eu saiba a gasolina segue subindo…
Deixemos pois de celebrar e pasemos a intentar solucionar os problemas que realmente interesan a este país…porque eu prefiro non ter títulos deportivos e si conseguir chegar olgadamente a final de mes coa miña vivenda absequible, o coche con depósito cheo, a neveira sen problemas de suministro, un traballo, beneficio a final de mes e unha educación e sanidade dignas.
Por todo o demais ¡¡VIVA A SELECCIÓN ESPAÑOLA!!