Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

jueves, 24 de abril de 2008

RECOMENDACIÓN EDITORIAL


Libro: Pasajes de la Historia
Autor: Juan Antonio Cebrián
Editorial: Ediciones Temas de hoy
Este libro soamente se pode definir como un libro divulgativo da Historia, en onde; o gran divulgador radiofónico recentemente falecido, Juan Antonio Cebrián; se poñen por escrito os temas que foi tratando no seu programa de radio “La rosa de los vientos”, e que ven a supor unha continuación do seu libro anterior denominado como o seu programa de radio.
Entrando xa no contido do libro, hai que sinalar que podemos atopar os feitos de persoaxes históricos, que en maior ou menor medida trocaron en distintos aspectos a Historia; a cal non sería a mesma sen a intervención destas persoas.
O libro entra nas vidas e formas de ser destas persoas ate o máis fondo da súa persoalidade. Tamén analiza os motivos de porque se comportaron dese xeito, tendo o autor certa complicidade cos protagonistas de cada capítulo, alagando as grandes obras e méritos dos persoaxes históricos, e a veces xustificando aos mesmos cando por algún ou outro motivo cometía algún erro. Así, por exemplo, no capítulo no que fala de “Iván IV el Terrible. Cuando el mal se apoderó de Rusia” o autor, sen chegar a xustificar a barbarie sanguinaria deste Zar, si que busca algunha xustificación chegando a recalcar en dúas ocasións que nos últimos momentos da vida deste asasino chega a arrepentirse dos feitos que rodearon o seu mandato.
Os capítulos atópanse ordenados de forma temporal, segundo foron aparecendo ao longo da historia. Desta maneira comeza con Leonidas e a batalla das Termópilas, e chega ate o Varón Rojo (Manfred Von Richthofen), pasando por Alejandro, Rodrigo Díaz de Vivar ou Edgar Allan Poe. Pero non só fala de Homes, senón que tamén fala das grandes mulleres que apareceron ao longo da historia, da súa vida e dos seus feitos, así que fala de Cleopatra, Leonor de Aquitania e de Lucrecia Borgia.
Unha das cualidades que ten este libro e que non só hai capítulos destinados a persoaxes concretos, senón que a veces fai referencia a un conxunto de persoas, e dicir a feitos históricos nos que sobre todo destacaron o valor e tenacidade, a veces dun exercito e a veces dunha sociedade; e así desta maneira ten un capítulo sobre a era Vikinga, e outros sobre a Batalla de Lepanto, da Armada Invencible ou da última carda da Brigada Lixeira.
Como se pode observar, os feitos que se destacan nos capítulos son de carácter moi diverso. Pero o que destacaría do libro, non sería o ben preparado que se atopa posto que se nota que requiriu de gran estudio analítico e histórico por parte do seu autor, nin a grande información que nel se contempla, nin os pequenos detalles históricos; se non a súa sinxeleza, posto que está escrito por un linguaxe que é fácil de chegar ao lector que non é historiador, nin que tampouco sexa un experto lector de libros. Esta cualidade débese a que como dixen ao principio está orientado a ser un libro divulgativo, e non un libro para unha facultade de historia.

martes, 22 de abril de 2008

CRÍTICA POLÍTICA OU MACHISMO ENCUBERTO

Nestes días nos que un goberno do Estado acaba de apostar pola paridade, ou case mellor dito, pola primacía da muller sobre o home, en canto a ministerios se trata apareceron por arte de maxia aquelas voces furiosas que critican esta primacía indicando a falla de experiencia de estas ministras. Ampáranse pois en argumentos políticos para criticar a estas membros do goberno…pero mira que casualidade que son os mesmos que tamén criticaron a paridade das listaxes electorais e da inxustiza da lei de igualdade, o que me fai preguntarme se en verdade non estarán encubrindo un machismo nesas críticas, por medo ao progreso da muller no ámbito da igualdade efectiva que tanto merecen.
A ministra máis castigada por estes reproches e a ministra de defensa Carme Chacón, a cal está recibindo dende estes sectores as maiores ofensas de descrédito político que se poidan imaxinar; chegando ao punto de criticar a esta ministra por estar nun posto no que vai a coller, proximamente, unha baixa maternal. Se estiveramos nunha empresa privada as críticas ao empresario que votase a esa traballadora chegarían de tódolos frontes, e se fora nomeada polo xefe para un ascenso ese xefe sería alagado por todos sen quebrantos. Pero estamos no goberno do estado, entón hai que criticar sen sentido e sen respectar aos principios constitucionais máis básicos como é o principio de igualdade entre xéneros... Unha pregunta me xorde a partir de aquí; onde están esas feministas para saír en defensa das ministras, e desta en concreto? Porque creo que a ela tamén hai que defendela porque tamén é muller, e está sendo criticada por ser muller.
É un gran logro tanto de Zapatero; por risco de nomear a unha muller como ministra de defensa (digo risco pois en principio é a institución posiblemente máis conservadora do Estado, aínda que coas últimas declaracións parece que este non é sector crítico, senón que con esta medida e a súa falta de crítica se esta a ver que o exercito español xa non é o exercito dos anos 70; senón que quizais sexa o exercito máis moderno do mundo no aspecto de igualdade e democracia) e sobre todo de Carme Chacón por conseguir ser a primeira ministra embarazada e ser a primeira muller que dirixe o ministerio de defensa.
Os críticos destra ministra alegan a súa falta de experiencia, eu dígolles que a experiencia se adquire co traballo, e Carme é unha grande traballadora política, que ao seu paso por tódolos postos que foi ostentando foi conquerindo méritos e experiencia. E se as críticas se deben a que non ten experiencia militar, hai que recordarlles a eses críticos que de tódolos ministros da democracia que ostentaron ese posto, moi poucos tiñan experiencia e graduación militar, concretamente só os dos primeiros gobernos da nosa democracia que eran militares podían presumir de ser grandes coñecedores do exercito español.
Tamén se lle critica por ser “nacionalista” catalana (debese a que pertence ao PSC). Ironías da vida, eses que a critican por ser unha catalana no ministerio de defensa, son os que defenden a España como unha gran nación indivisible. Con esa crítica que queren dar a relucir? Que os cataláns non son españois e por tanto non poden estar no ministerio de defensa…con eses argumentos danlle máis alas aos nacionalistas de ERC para que digan que Catalunya non é España. Pois eu que creo na diversidade española, creo que, segundo a Constitución (da que eses críticos tanto se enchen as súas bocas, pero soamente cando lles interesa, pois para o que non lles interesa ben que non a citan ou a terxiversan), Catalunya si que é España, e por tanto, Carme Chacón é española, e por tanto con dereito a ostentar o cargo que lle ten, tanto como o maior nacionalista español; ou incluso máis porque seguramente que esa carteira estaría máis controlada nas mans da “nacionalista” Chacón que nas dos “españolistas” que critican a Carme por ser catalana.
Sinalar finalmente dúas cousas; a primeira que de momento non hai crítica posible, pois co seu estado de xestación está disposta a traballar e viaxar ata o último día de xestación; o que é moi loable.
E segundo, que estes críticos sen argumentos sostibles non son capaces de esperar aos 100 días de actuación do goberno para comezar a criticar a actuación dos membros do mesmo. Tan desesperados están por criticar? Pois podían morderse a lingua porque de políticos ou críticos políticos non teñen nada, senón que son meros charlatáns que non teñen outra cousa que facer que intentar destruír o traballo conseguido por tantas mulleres (e homes) para conquerir a igualdade de xénero…sen dúbida que estes críticos aínda non se deron de conta de que estamos no século XXI e que España é, por sorte, unha democracia dende fai 30 anos e en onde se propugna como base fundamental o principio de igualdade do artigo 14 da constitución.

sábado, 19 de abril de 2008

Recomendación editorial


Libro: La conjura de los necios
Autor: John Kennedy Toole
Editorial: Compactos anagrama

Comentario publicado no blog de Autofocus
Estamos cunha novela que foi merecerte dun Premio Pulitzer converténdose tanto polo seu contido como pola historia que rodea o seu autor, converteuse nunha obra magistral da literatura universal.
Comezando a contar a historia que rodea o libro sinalar que esta parece digna de recoller nunha novela. “La conjura de los necios”, ainda que se publica póstumanente, é a primeira obra escrita por John Kennedy Toole (xa que a segunda e última obra escrita por el é “La Biblia de neón”) e debemos a súa publicación á persuasión da súa nai e a sorte de que a Walker Percy lle parecera unha obra maxital. Despóis da mala acollida da primeira obra publicada por John Kennedy Toole, ese desesperouse até o punto de chegar ao sucidio. A súa nai, como tributo á obra do seu fillo, fala con moita xente do mundo da literatura e da publicación até que por fin atopou a Walker Percy. Este ao final decide publicar o libro despois de ver a xenealidade da abra, non sen antes intentar zafarse da lectira do libro. Esta toda historia aparece reflexado no prologo do libro feito polo propio Percy.
Entrando xa a historia que se narra na novela, atopámonos cunha persoaxe principal, chamado Ignatius J. Reilly. Esta persoaxe caracterízase por ser unha persoa con estudos universitarios, máis unha perosa que depende da súa nai, até o punto de non ter ningún oficio, dedicándose a estar encerrado na súa habitación escura escribindo o que el denomia “a obra maxistral da humaniddade”, e nos tempos de ocio, entre escrito e escrito, aproveita o tempo para ver dibuxos animados para ver “a forma de perversión da xuventude actual”. É un home ao que non lle gustan os cambios na súa vida, por elo vese abrumado cando ten que sair e enfrontarse coa sociedade en busca de un traballo para facer frente a unha débeda. Pero a sociedade que se lle presenta é unha sociedade á que el odiaa demasiado coma para comprendela.
Este odio á sociedade actual débese en grande mediada porque só o rodea a perversión, a decadencia, a incultura e a pobreza na que estaba sumerxida New Orleans (lugar na que se desenrola a historia), así que para poder seguir criticándoa, en troques de atopar algo bo, só consegue os peores traballos. Desta maneira, primeiramente atopa un traballo nunha oficiana dunha fabrica en decadencia, e posteriormente (cando consegue o título de ser a primeira persoa en ser despedido polo dono da empresa) enrólase, de casualidade, como vendedor ambulante de salchichas, do que básicamente se pode dicir que se comberte en comprador das salchichas que é encargado de vender.
Alí por onde vai só se dedica a atopar problemas para sí e para os que os rodean, creando situacións de esperpento e de comedia. Todo elo porque ao meu entender odia a toda persoa que non se atén ás súas ordes e aos seua ideais, chegando ao punto de odiar a súa nai.
Intentará cambiar a sociedade que o rodea, primeiro mediante unha revolución obreira nunha fábrica e despois co intento de crear un partido de homosexuais, aos que odia, pero que considera necesario para cambia-lo mundo. Esta confrontación de ideas e realidade lebanos a comparalo a un protagonista da mais grande novela xamais escrita “Don Quixote”. Ainda que con un problema de paso e un parecido a Oliver Hardy.
Máis entre medio do intento de cambio do mundo que o rodea, aparecen unha larga serie de persoaxes que como “La colmena” se aatopan tan entrelazados que o lector se vai quedar abraiado. Encontraremos negros eplotados, propietarias de antros de perdición, policias nalditos pola fortuna, homosexuais festeiros, patronos despreocupados... pero hai duas persoaxes secundarias fundamentais. Por unha banda a súa nai, á que ten escrabizada a unha casa até que se farta e sae a coñecer unha realidade da que estaba afastada polo seu fillo. E por outra banda, Myrna Minkoff, da que se pode dicir que a ama e a desprecia á vez. Esta persoaxe supón a cara contraria a Ignatius, e pola que este intenta cambia-la sociedade que o rodea, antes de que ela o faga pervertindoa máis do que está.
O final, aínda que non o quero desvelar, hai que decir que Ignatius é salvado pola única persoa pola que non se deixaría salvar nunca; á vez que o resto de persoaxes sufren unha sorte de cambio afortunado que os fai mellorar na súa vida ou empeorar, segundo mereceran.
Dende a primeira páxina Ignaitius vai ser unha persoaxe que ao lector vai repuganar e odiar como a que máis; sobre todo polo desprezo que este dá a toda a xente que o rodea, a mentira coa que intenta conseguir e á vez xustificar todo e a prepotencia coa que trata ao resto da humanidade. O propio narrador onmisciente que conta a historia odia a Ignatius, pero aá vez quereo, sentindo; as veces; lastima por el, e outras dándolle a razón. Todo elo infundido seguramente porque o propio autor se sentía identificado en parte co protagonista da súa novela. Ignatius, como o propio Toole son persoas que non se sinten comprendidos nesta sociedade, que sentían un grande apego a súa nai.
Ao lector as historias que se contan nesta novela vai producirlle as veces un sorriso, outras unha carcallada e sempre lles vai deixar un sabor de profundidade, devido ao gran estudo da realidade da época en que vive Ignatius, así como da sociedade e da propia persoa.
O libro queda aberto para unha posible segunta parte, e como dice o propio Walker Percy, “é unha verdadeira lástima que John Kennedy Toole xa non se atope entre nós, escribindo”, pero sempre quedará este xenial estudo da sociedade e da persoa, que cun forte soriso faranos pensar na realidade na que vivimos.