Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 28 de octubre de 2008

A RIBEIRA SACRA: SANTUARIO NATURAL.

Auga, pedra e natureza son as tres palabras coas que se pode definir a visita a estas terras do norte da provincia de Ourense. A Ribeira Sacra é un territorio onde o ser humano moderno (o ciber-urbanita) pódese reencontrar de novo coa súa parte natural soamente con ver a paisaxe con que o recibe esta rexión galega. Poderíase definir como miles de árbores autóctonos escoltan o sutil baile entre as montañas e as augas do río Sil.
Pódese chegar a esta zona dende a cidade de Ourense ou ben por Luíntra ou ben (si se quere percorrer mais quilómetros que se verán remunerados polas vistas) por Castro Caldelas. No primeiro caso levarate directamente a Santo Estevo de Ribas de Sil e no segundo caso terase que pasar primeiramente por Parada de Sil. En todo caso a última parte do viaxe será a través dunha estreita estrada comarcal que, aínda que preciosa ao estar escoltada polas árbores, e perigosa por ser estreita e con moitas curvas.
Cabe destacar, entre toda esta fermosura os mosteiros, máis que construídos, incorporados a esta terra. O primeiro é o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (o cal podemos ver na fotografía) reconvertido en Parador Nacional. A súa visita, aínda que non pode ser completa xa que a maioría está destinado a fins do parador, faite ver como debería ser a vida de recollemento dos moradores orixinais da construción, así como da paz interior que deberían de atopar, non só vendo aquela paisaxe abrupta chea de carballeiras e castiñeiros, senón estando perdidos entre aquelas pedras centenarias esculpidas a man por mestres pedreiros que rebordan á vez frialdade pero tamén agarimo e como sempre tranquilidade. O estilo románico flora por todas as esquinas deste mosteiro, aínda que reconstruído nalgúns puntos. No mirar coidadoso pódese observar pequenas criaturas de todo tipo nos dinteles das columnas, así como escenas da biblia. Reprodución por outra parte moi típicas da época deste mosteiro. A igrerxa do mosteiro (tamén románica), impresionará pola súa grandiosidade interior, e é que dende fora o que a visite non se espera atopar nada parecido como ao que se ve.
Aproveitando a estancia neste lugar, non pode o visitante esquecer de facer unha ruta de sendeirismo que o faga percorrer entre as árbores centenarias do lugar. Se a súa visita comeza neste Parador Nacional pode comezar unha pequena ruta de sendeirismo que o levará ate o río Sil, ao fondo do canón que leva o seu propio nome. Se esta ruta a fai na época das castañas poderá ter o gusto, non só de oír e ver como caen, senón que tamén poderá comelas…aínda que hai que ter coidado porque está prohibido collelas das fincas privadas e sobre todo con que non che caia ningunha na cabeza.
Pero existen unha multitude de rutas de sendeirismo neta terra, nalgunha delas poderá descubrir vellos soterramentos da época prerromana, como son as mámoas (a ruta leva o seu mesmo nome e comeza tamén no mosteiro) ou as pequenas vilas que se atopan asentadas por toda este canón do Sil e que viven sobre todo do sector primario e das visitas turísticas.
Para continuar o visitante terá que visitar o mosteiro de Santa Cristina (románico do S. XI) situado cerca de O Castro; o cal, como contrapunto do anterior non se atopa case que visitado, posto que non é Parador Nacional, concretamente atópase abandoado, aínda que está parcialmente reconstruído, pero a súa visita merece a pena, porque se atopa plenamente integrado na natureza…tan integrado que a el só se pode acceder andando por un sendeiro de pedra. Do lugar emana tranquilidade e silencio, roto sóamente polo cantar dos paxaros e o fluír continuo do río Sil. Eu que tiven o pracer de visitalo no solpor do día a impresión aínda foi moito mellor, e o único que apetecía era quedar a pasar a noite naquela tranquilidade que parecía eterna.
O visitante non se pode ir sen antes coller o catamarán que o recorrerá a ver toda a zona dende o punto de vista do río. Cun custo duns 12 € a visita merece a pena, sobre todo se é acompañado pola parella porque recorrerá o sinuosos contonear do ría Sil e poderá ver as marcas deixadas polo paso continuo das augas entre as montañas graníticas galegas. Unha viaxe romántica que permanecerá eterno no recordo dos que o fagan. Aínda que recomendo reservar antes a entradas porque en tempada alta a entradas escasean. Por certo o embarcadoiro dende onde sae o catamarán atópase en Parada de Sil.
En canto a poder pasar a noite nestas terras, existen multitude de pensións existentes polas vilas da zona, aínda que si se quere dar un caprichiño poderá reservar unha habitación no Parador Nacional do Mosteiro de Ribas de Sil. Pero existen caprichos máis pequenos como son os bungalós que existen entre Parada de Sil e o Mosteiro de Santa Cristina.
Por certo non se poderá ir da zona sen catar, ben na comida, ben na cea un viño con denominación de orixe “Riveira Sacra”, aínda que eu prefiro o froito típico da zona…as castañas.
Para os que sexan un pouco máis aventureiros e lles guste o deporte poden probar a facer o “Camiño Real” que dende Peares a Parada de Sil. Aínda que esta ruta é para xente ben preparada, pois so 27 kilómetros ao longo do río Sil por sinuosos camiños, non só de terra, senón tamén de asfalto caracterizándose polos seus cambios de oscilacións. Pero o esforzo merece a pena, non só polas vistas, senón porque por este camiño poderá ver as aldeas da zona, coñecer a súas xente e, o máis importante, coñecerse a un mesmo e á persoa ou persoas que o acompañen.
Da miña viaxe por esas terras leveime moitas lembranzas e moi vos recordos pero se me tivera que quedar con algo sería coa tranquilidade que me envolveu, a grata compañía coa que fun e sobre todo coas ganas de volver para descubrir máis secretos que garda estas terras tan achegadas a miña cidade; e que ten razón o dito de que “non se sabe o que se ten ata que se perde”.

jueves, 23 de octubre de 2008

O CAMBIO CLIMATICO E AZNAR

Parece que existe unha norma non escrita na cal se sinala que os ex-presidentes de Goberno teñen dereito a un cupo de dicir tonterías e burradas. O último (pero seguramente non derradeiro) en facer uso de este dereito foi José María Aznar. Na presentación do libro "Planeta azul (non verde)" do presidente checo Václac Klaus (que nega o cambio climatico), soltou unha barbaridade case que tam parecida como a dque dixo Rajoy do seu primo. E que nesa presentación, dixo que actualmente o cambio climatico non pode ser unha presferencia polo que non se debe de invertir diñeiro público para ese fin, cando existe a actual crise financeira. Como se pode observar, o firmante do protocolo de Kioto, prefire que se invirta o diñeiro público en salvar económicamente as entidades financieiras actualmente en crise, que en salvar o planeta... Como se salvando a crise dos bancos o mundo estivera a salvo!
Estamos vendo a verdadeira cara de Aznar, o único que lle interesa e a economía... dos bancos claro. O maior impulso do neoliberalismo en España coas privatizacións das xollas da coroa (v.gr. Iberia),e da non intervención do estado na economía; agora indica que o Estado debe de gastar o diñeiro público en salvar os bancos da banca rota deixando de lado as políticas contra o cambio climático. Que ironías ten o mundo...ou mellor dito como nos arrimamos ao lume que máis quenta segundo nos conveña...Según Aznar agora debemos de salvar a eses bancos que ate o de agora enriqueceronse co endebedamento dos cidadáns e que a política neo-liberal permitiu que esoes bancos se enriqueceran e que agora, cando chegan os problemas non poidan facer frente aos seus problemas tendoos que salvar de afogarse no seu propio lodazal... E olvidarnos de que o planeta está enfermo, posto que o planeta non interesa porque o planeta enriquece a todo o mundo mentres que os bancos aos que agora se están salvando soamente enriquecen a uns poucos (seguramente que a Aznar e un deles) para que así eles sigan controlando o destino da Humanidade, aínda que esta sexa a extinción porque se non coidamos o planeta no que vivimos, por moito que os bancos estén a salvo da crise e teñan liquidez, non lles vai a servir de moito.
Pero aínda dixo mais cousas sobre o ecoloxismo, concretamente que os abandeirados do ecoloxísmo buscan o interés persoal e o alcanzar o poder, así como afogar a democracia ao ser abandeirados do apocalipsis e inimigos da liberdade...criticas moi parecidas ás que sinalaba cando estaba na presidencia do Goberno respecto dos opositores a guerra de Iraque ou dos "nunca máis" aos chamalos "cans desleais".
Mais se esto non fora pouco atrebese a dicir "No sé si hay un cambio climático en el que es -o no- determinante la acción del hombre", sembrando as dúbidas sobre a existenza do cambio climático, cando está máis que demostrado que actualmente estamos sufrindo os efectos ou senón so vasta mirar as casquetes polares ou sen ir tan lonxe a desertización de España. Pero aínda para máis inri atrebeuse a dicir que en calqueira caso é "un problema que quizá, o quizá no, tendrán nuestros tataranietos". Desta maneira cita as frases típicas dos que consideran o planeta como un mero obxeto para utilizar é que sexan as xeracións futuras os que soluciones os problemas que nós deixamos. Esto é unha actitude típica dunha persoa desfasada e fora do seu tempo.
Por certo,despois de esto o "primo de Rajoy" é un ecolixsita radical comparado a Azanr...
En todo caso, está claro que ao ex-presidente de goberno faille moito mal facer 2000 abtominais ao día porque ímpide que a sangue le chege ben ao cerebro, posto que as burradas que soltou o día de onte, xunto coa frase de "y quien quiere que conduzcan por mi" mentres brindaba con viño, criticando así a campaña do goberno para evitar os accidentes; e o que fan entender...
Concluíndo xa con este artígo dicir que dunha vez habería que terminar con este dereito non escrito dos ex-presidentes de goberno, de dicir tonterías unha vez que terminan a súa carreira política porque a verdade é que é indignante oír as veces as cousas que dí Aznar, como no seu momento dixo Felipe González, que algunha destas frases "incorrectas" ten.

jueves, 16 de octubre de 2008

ABORTO: UN DEREITO OU UNHA PROHIBICIÓN?

O Ser Humano ten unha cualidade (ou defecto segundo se mire) que consiste en que se ten un problema esquécese de todo o demais, aínda que o outro fora unha cuestión que estivera en boca de todos. Este é o caso do tema do aborto, un tema que está enriba da mesa dende hai anos, pero que nos últimos meses tivo puxanza a partires da creación dunha mesa para estudar a posibilidade de modificar a actual lexislación sobre o aborto e facela máis permisiva; pero que co paso da crise financeira mundial pola economía mundial parece esquecida pola cidadanía; pero o proxecto segue adiante e ante elo creo que se debe de analizar por todos en xeral.
Nun recente estudo deste mesmo blog os votos a favor dunha nova lei sobre o aborto gañou sobre os votos en contra, pero non de maneira arrasante ( 66% a favor, frente ao 33% en contra). Unhas enquisas que se asemellan ao resto de enquisas que aparecen nos medios de comunicación.
Como se pode observar este tema é moi controvertido; igual que outros temas como a eutanasia activa ou a regulación da prostitución. Pero o problema deste tema non é se se debe de legalizar ou non o aborto, xa que este é legal en tres supostos (violación, risco grave para a vida da embarazada e malformación grave do feto), senón que a dúbida reside en saber si se debe permitir o aborto libre dentro duns prazos establecidos…e é aquí onde nos atopamos nun terreo perigoso, porque non só entra a debater a ciencia médica, senón tamén entra en liza as ideas morais e as crenzas relixiosas onde a discusión é sobre se o feto é ou non un ser humano…se entrar neses camiños máis éticos que xurídicos podemos analizar a posibilidade de abortar.
Partamos en todo caso dunha situación, e é que nun aspecto médico é posible abortar en todos os estados de xestación, pero está claro que existen límites infranqueables como é abortar aos 8 ou 9 meses de xestación, posto que ese feto podería vivir fora do seo materno. Pero poderíase abortar nos supostos de que sexan só fetos dunhas semanas de xestación? E aquí onde entramos dentro da liberdade da embarazada e do posible dereito á vida do feto. Está claro que a liberdade individual entra dentro da posibilidade de dispor do propio corpo mentres con ese xesto non se faga dano a liberdade doutras persoas…e o feto, legalmente non é unha persoa, polo que como parte do corpo da nai, está claro que pode dispor sobre el…pero con límites como os que xa se sinalaron anteriormente. Pero esta idea choca contra as ideas que propugnan que o feto é un ser vivo que a nai non pode dispoñer sobre o mesmo. A esas ideas so lles pregunto: se a nai non está o feto sobreviría? Está claro que non, salvo nos supostos nos que médica e tecnolóxicamente sexa posible. Polo que no resto dos supostos o feto é parte da nai e polo tanto seguindo coa argumentación da liberdade individual anteriormente indicada, deberíase dar a posibilidade de abortar á nai.
Pero como sempre ocorre a lexislación que regule o aborto por prazos debe por límites, non só temporais (que está claro que si), senón tamén limites que afecten á educación ás persoas, tanto á todos os cidadáns do que supón o aborto, como tamén á persoa que quere abortar indicándolle o resto de posibilidades que existen aparte do aborto, como é o caso da adopción; e os posibles traumas psicolóxicos á nai. Tamén se debe de educar sobre que o aborto non é un método anticonceptivo, senón unha medida excepcional…por elo que é mellor a prevención de embarazos que abortar.
Indicado que se debe de dar a posibilidade de crear unha lei de prazos para abortar, e da existencia de unha serie de requisitos previos médicos, educativos e psicolóxicos para poder abortar debemos de analizar a liberdade dos médicos para poder decidir se abortan ou non, porque o médico ten ideas propias, e en ningún caso pódese acudir en contra dos propios principios; máis se estamos nun estado democrático, polo que a lexislación debería de prever a existencia da obxección de conciencia dos médicos. Compaxinando desta maneira a liberdade da nai de abortar, coa liberdade de pensamento do médico.
Finalmente indicar que todas estas ideas son persoais, e teñen que ver co meu propio entender sobre o aborto, posto que para min o aborto é un dereito da nai, pero con límites de requisitos previos que pasar e límites temporais (para min un aborto dun feto de 8 meses é como matar un recen nacido) ademais que polo controvertido do tema, ao entrar dentro da moral e das ideas de cada persoa deberase sempre de dar a posibilidade de obxección de conciencia.

miércoles, 8 de octubre de 2008

A MAXIA DOS PICOS DE EUROPA

Na triloxía de "O señor dos aneis" existe unha frase que dice Gandalf a Frodo no que di: "Non decidimos o tempo que se nos outorgou, pero si que podemos decidir o que facemos con ese". pois seguindo esa frase, e agora que tempo tempo e posibilidades, dedícome a facer pequenas viaxes para coñecer as pequenas e grandes maravillas dos diversos rincóns de España.

A primeira viaxe que fago, nesta nova serie de artigos que intentarei ir publicando neste blog é aos picos de Europa de León. Foi un fin de semana que se quedou escaso para percorrer toda esta grande estensión de terreo marabilloso, poo que me centrei en dous lugares fundamentais: o primeiro realizar unha ruta de sendeirismo, das case corenta que existen nos picos de Europa de León; e segundo (xa fora do parque natural) visitar as cova de Valporquero.

En canto o primeiro decidín subir ao chamado lago Ausente (ver foto), unha ruta sinxela que leva a un precioso lago glacial, que gracias á fortuna do momento atopábase coa suficiente neve como para facer unha subida preciosa, pero sen perigo de perderse. O que me asombrou do lago no foron as vistas do seu redor, as súas conxeladas augas, nin a natureza do redor, senón a posibilidade de escoitar o silencio que o rodea. Un silenzo que non da medo, se nón tranquilidade. pero para elo recomendo que se queira escoitalo, pois doutrra maneira non vivirá unha experienza única. Ademáis de poder visitar este lago o visitante (se estamos en época e con neve suficiente) pode realizar esquí na estación onde comeza a ruta: a estación de San Isidro.

Despois de esta recarga de enerxía subindo perto do ceo, decidín baixar ás profundidades da terra indo ás cobas de Valporquero (Valporquero de Torío). O camiño polo que me levou o GPS é maravilloso pois tiven que ir por unha estrada escoltada polas montañas (Hoces de Vegacervera), as cales parecen como cortadas por un coitelo, pero non polo ser humano, senón polo río que acompaña ao visitante ao longo da estrada. As cobas non teñen nada que desmerecer ao paraíso e son unha verdadeira maravilla da natureza. Son visitadas cun guía e por un precio moi económico (entre 4,40€ e 6,50,€ dependendo da ruta que se sega), pero para os que sexan máis atrevidos poden contratar o servicios dunha empresa para poder vaixar pola parte da coba que a natureza aínda está construíndo, aínda que o prezo sube a 60€ persoa e que é unha ruta de 5 kilómetros na escuridade da terra. Non apto polo tanto para claustrofóvicos, pero que para o resto merece a pena...

Por certo voltando xa para dirección Boñar o GPS levoume por un sitio onde ademáis de ver unha paisaxe preciosa pódense ver unha cataratas entre as pedras (ver foto) as cales son perfectas para ver acompañadas pola parexa...aínda que hai que ir con coidado porque son dificiles de atopar.

Pero as maravillas destas terras non terminan aquí porque pódese acudir a zonas de reserva natural; eso sí co respectivo permiso especial da Junta de Castilla y León; no que se póderá ver (se se ten sorte) a Fauna e Flora local.

pero non só o natural impresiona, pois as dúas presas que existen nestas terras deixan ao visitante sen palabras, porque aínda que como ecol´xísta me parecen unha mostruosidade a verdade e que impresionan.

A pena de todo esto é que non puiden ver todo o que ofrece estas terras leonesas: rutas de sendeirismo, deportes de risco (rafting, escalada...), arquitectura e tradición; e as que penso voltar para poder ver o que me quedou; o que alí vaia ten unha cantidade de posibilidades que deixará o aburrimento e o estrés como algo que non existe.

Para finalizar dicir que a Junta de Castilla y León ten puntos de información, o que fun eu e me atenderón maravillosamente foi en Puebla de Lillo. Alí dirán todas as actividades que se poden facer e sitios aos que visitar...Por certo para comer nesa localidades está "Casa Madrid" a cal sirve unhas comidas por 10€ que che fará recuperar todo o cansancio da visita...pero se o que se quere e saír de marcha pola noite hai que acudir a Boñar ou a San Isidro...Se se acude a Boñar non se pode deixar sen prover os pinchos de "Casa Blas" o típico bar dos anos 60 ou 70 pero no que a comida é un pracer.
Unha recomendación final, estas terras abruptas, pola máxia que encerran son para viaxar só posto que te atoparás ou reatoparás cunha parte de ti mesmo que ou non sabías que tiñas ou tiñas esquecida, pero tamén acompañado de calqueira maneira pois as vivencias serán distintas se é a parella (será romantica a visita, case unha lúa de mel) se é un grupo de amigo (será unha festa continua) ou se é pola familia (será máis íntima). En todo caso respetade a natureza e deixade todo como se atopaba para que os seguintes visitantes atopen todo igual e poidan vivir o mesmo que o que viviches ti.

miércoles, 1 de octubre de 2008

A IRONÍA DO NEOLIBERALISMO


É increíble como as cousas poden cambiar as ideas, ou mellor dito declaracións, segundo nos afecte aos petos e as carteiras, sobre todo as que as teñen máis grande. Este é o caso do presidente da CEOE (o que non saiba o que é a CEOE decir que é a Confederación Española de Empresarios) o cal ata fai pouco defendía a capa e a espada as teorías neoliberalistas de que o Estado debía de intervir o mínimo tanto na economía, coma no mercado, pois xa este regularía automaticamente todos os problemas…por tanto seguindo estas teorías os Estado debe de realizar baixada de impostos e realizar as mínimas axudas sociais ou subvencións públicas posibles, porque esa é unha forma de intervir na economía e no mercado…
Pero cousas do destino, en pouco tempo estas ideas cambiaron; e coma un bo cambia-chaquetas ante os problemas que está creando esta crise mundial pronto saíu na prensa dicindo que o Estado debe de intervir na economía para solucionar os problemas financeiros que está creando esta crise, xa que o Estado está para solucionar os problemas dos cidadáns…Mira que cousas, agora o mesmo que propugnaba teses neoliberalistas está dando argumentacións de política intervencionista. Aquela mesma que antes criticaban como a que non deixaba crecer España…
Agora son aqueles que máis se incharon a recoñecer o neoliberalismo e que este trouxo o progreso económico e a riqueza, os que piden axuda ao Papa Estado…que ironías ten a economía. Pero estas ironías non só está na economía, se non tamén na política, pois son os partidos de dereitas os que máis defenderon o neoliberalismo e a non intervención do Estado, e agora ínchanselle a boca con palabras intervencionistas ata tal punto de parecer economistas socialistas.
Mais seguindo coa argumentación, isto non só afecta aos empresarios e políticos españois que defendían ata vai pouco o neoliberalismo, se non que no país que se autodefine como “o país das oportunidades e das liberdades” onde se ideou estas teorías de intervención mínima do Estado na economía, e os mesmos políticos que durante 8 anos fixeron política neoliberal xustifican a intervención do Estado nas empresas (unicamente grandes) para que non se arruínen, aínda que isto supoña a nacionalización das mesmas, algo que criticabas a políticos inimigos coma Evo Morales ou Hugo Chevez cando nacionalizou empresas…ironías do mundo.
Pero en verdade son ironías? NON. Pero en verdade estas persoas cambiaron de ideas da noite a maña? NON. O que sucede é que queren un intervecionismo do Papa Estado, pero non en todo senón só naqueles sectores, que segundo eles o necesitan, que mira ti por onde son os sectores e empresas que ata o de agora estaban gañando máis diñeiro a costa dos cidadáns e desas teorías neoliberais… Ou dito de outra maneira só piden á axuda do Estado para uns poucos que son os mesmos que se enriqueceron durante estes anos, deixando aos demais a un lado.
Así estamos vendo como o goberno dos EE.UU. ou o goberno Inglés (os que presumían de neoliberais e da liberdade de mercado) son os que máis están axudando as grande empresas financeiras en quebra, as mesmas que durante estes anos se enriqueceron a costa de todos os cidadáns. Desta maneira o estado aporta diñeiro dos contribuíntes para salvar unhas empresas que se enriqueceron durante todos estes anos a costa dos menos contribuíntes que agora os salvan da quebra…
Ironías? Non, é a demostración unha vez máis que as teses liberais non funcionan, é a derrota unha vez máis do liberalismo sobre o intervencionismo. Coma nun partido de fútbol entre os Liberais e os Intervencionistas aqueles perden 0-2 perante os últimos, o primeiro gol marcado en 1929 e o segundo no 2008. agora a pregunta é se o partido vai a continuar ou vai finalizar.
Agora é tempo de solucionar esta crise financeira mundial (non só de España como dicen algúns) e despois de inventar novas teorías… pero como sempre aparecerá unha nova teoría que recolla as teorías de non intervención do Estado que se chamará “novo neoliberalismo”, xa que os que sempre se enriquecen verán que en eses momentos esas teses lles interesa.
Pero non crea o lector que con este artigo estou xustificando todas as teses intervencionistas ata o punto de chegar ao comunismo, porque elo tamén trae problemas que son dignos doutro artigo…en todo caso dicir que a virtude está no medio.