Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

miércoles, 1 de octubre de 2008

A IRONÍA DO NEOLIBERALISMO


É increíble como as cousas poden cambiar as ideas, ou mellor dito declaracións, segundo nos afecte aos petos e as carteiras, sobre todo as que as teñen máis grande. Este é o caso do presidente da CEOE (o que non saiba o que é a CEOE decir que é a Confederación Española de Empresarios) o cal ata fai pouco defendía a capa e a espada as teorías neoliberalistas de que o Estado debía de intervir o mínimo tanto na economía, coma no mercado, pois xa este regularía automaticamente todos os problemas…por tanto seguindo estas teorías os Estado debe de realizar baixada de impostos e realizar as mínimas axudas sociais ou subvencións públicas posibles, porque esa é unha forma de intervir na economía e no mercado…
Pero cousas do destino, en pouco tempo estas ideas cambiaron; e coma un bo cambia-chaquetas ante os problemas que está creando esta crise mundial pronto saíu na prensa dicindo que o Estado debe de intervir na economía para solucionar os problemas financeiros que está creando esta crise, xa que o Estado está para solucionar os problemas dos cidadáns…Mira que cousas, agora o mesmo que propugnaba teses neoliberalistas está dando argumentacións de política intervencionista. Aquela mesma que antes criticaban como a que non deixaba crecer España…
Agora son aqueles que máis se incharon a recoñecer o neoliberalismo e que este trouxo o progreso económico e a riqueza, os que piden axuda ao Papa Estado…que ironías ten a economía. Pero estas ironías non só está na economía, se non tamén na política, pois son os partidos de dereitas os que máis defenderon o neoliberalismo e a non intervención do Estado, e agora ínchanselle a boca con palabras intervencionistas ata tal punto de parecer economistas socialistas.
Mais seguindo coa argumentación, isto non só afecta aos empresarios e políticos españois que defendían ata vai pouco o neoliberalismo, se non que no país que se autodefine como “o país das oportunidades e das liberdades” onde se ideou estas teorías de intervención mínima do Estado na economía, e os mesmos políticos que durante 8 anos fixeron política neoliberal xustifican a intervención do Estado nas empresas (unicamente grandes) para que non se arruínen, aínda que isto supoña a nacionalización das mesmas, algo que criticabas a políticos inimigos coma Evo Morales ou Hugo Chevez cando nacionalizou empresas…ironías do mundo.
Pero en verdade son ironías? NON. Pero en verdade estas persoas cambiaron de ideas da noite a maña? NON. O que sucede é que queren un intervecionismo do Papa Estado, pero non en todo senón só naqueles sectores, que segundo eles o necesitan, que mira ti por onde son os sectores e empresas que ata o de agora estaban gañando máis diñeiro a costa dos cidadáns e desas teorías neoliberais… Ou dito de outra maneira só piden á axuda do Estado para uns poucos que son os mesmos que se enriqueceron durante estes anos, deixando aos demais a un lado.
Así estamos vendo como o goberno dos EE.UU. ou o goberno Inglés (os que presumían de neoliberais e da liberdade de mercado) son os que máis están axudando as grande empresas financeiras en quebra, as mesmas que durante estes anos se enriqueceron a costa de todos os cidadáns. Desta maneira o estado aporta diñeiro dos contribuíntes para salvar unhas empresas que se enriqueceron durante todos estes anos a costa dos menos contribuíntes que agora os salvan da quebra…
Ironías? Non, é a demostración unha vez máis que as teses liberais non funcionan, é a derrota unha vez máis do liberalismo sobre o intervencionismo. Coma nun partido de fútbol entre os Liberais e os Intervencionistas aqueles perden 0-2 perante os últimos, o primeiro gol marcado en 1929 e o segundo no 2008. agora a pregunta é se o partido vai a continuar ou vai finalizar.
Agora é tempo de solucionar esta crise financeira mundial (non só de España como dicen algúns) e despois de inventar novas teorías… pero como sempre aparecerá unha nova teoría que recolla as teorías de non intervención do Estado que se chamará “novo neoliberalismo”, xa que os que sempre se enriquecen verán que en eses momentos esas teses lles interesa.
Pero non crea o lector que con este artigo estou xustificando todas as teses intervencionistas ata o punto de chegar ao comunismo, porque elo tamén trae problemas que son dignos doutro artigo…en todo caso dicir que a virtude está no medio.

No hay comentarios: