Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

lunes, 29 de septiembre de 2008

SILENCIO

No alto do noso mundo,
esconcidos na calma do universo,
rodeados dunha tranquilidade muda;
pedíchesme uns versos.

Na inspiración divina do amante,
reciteiche a poesía do silencio
que sae dun corazón doente
que estaba no principio da desesperanza.

Resucitado pola túa mirada
só che podo pagar con silencio.
Falta de palabras que todo o din,
pois as verbas xa nacen dos xestos.

Xogos de caricias na rocha,
miradas perdidas que se cruzan
mostrando sentimento de poesía,
mentres os paxaros asubían.

O sol perdese no horizonte
mentres sigo cos meus versos silandeiros,
que fan palpitar o corazón ferido,
que coa túa paciencia e inocencia curaches.

Agora entrégoche a túa recompensa,
quedando pagas ás débedas,
pero non se dixo o máis importante
que quedou oculto nas palabras,
gardadas eternamente dunha estrela
que levará o nome salvador
do meu Anxo redentor.

Dragón Soñador
26 de septiembre de 2008

No hay comentarios: