Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 9 de septiembre de 2008

O CONFLICTO DA MEMORIA HISTÓRICA

A Guerra Civil española rematou oficialmente o 1 de abril de 1939 e a ditadura de Franco, consecuencia de aquela, foi amorecendo pouco a pouco dende 1975 ata 1978. Pero a verdade é que, aínda que transcorreron 30 anos dende a aprobación da Constitución e case 70 anos dende a final dunha guerra entre irmáns, non se pecharon as feridas que se abriron entre as dúas Españas ou a lo menos se cren pechadas, estano en falso xa que é preciso lembrar aos caídos para poder seguir adiante.
O goberno actual aprobou a lei da memoria histórica, a cal pretende lembrar a tódolos españois que durante o Franquismo se esqueceron, ou mellor dito se fixeron esquecer… Xa é hora de que as vítimas da Guerra Civil e do Franquismo estean onde verdadeiramente se merecen, que é coas súas familias e non enterrados es foxas comúns ou nas cunetas de camiños e estradas españois. Xa é hora que se recoñeza que na Guerra Civil producíronse moitas atrocidades por ámbolos dous bandos. Xa é hora de devolver a honra que merecen aqueles que foron asasinados nos montes e cunetas españolas ou condenados en xuízos rápidos sen posibilidade defensa soamente porque pensaban distintos aos seus asasinos.
Como é posible que existan españois que non queiran que os cadáveres perdidos polos montes españois regresen as familias que levan anos buscando aos seus familiares asasinados? Cómo eses mesmos poden xustificarse en que non se pode remover o pasado?
Debemos de cerrar unhas feridas que xa se tiñan que haber pechado coa Democracia realizando o que o Goberno socialista 30 anos despois; pero como sempre, a dereita critica todo aquilo que teña que ver co pasado recente español; nos anos 80 porque era moi recente lebrar e agora alegando que é mellor non lembrar porque as feridas están pechadas…e mentres din iso moitas familias españolas seguen pedindo que se lle devolvan os cadáveres dos seus pais, nais, fillos, irmáns, abos…
Debemos dunha vez recoñecer os mortos, abrir as foxas comúns (sexan do bando que sexan porque en todo caso eran españois) para darlles as honras que merecen e que volvan a estar coas súas familias. Porque xa é hora de que desaparezan de España os símbolos dunha ditadura que asasinou a moitos españois e que mantivo a España ancrada no pasado e aos españois subxugados no brazo rexo dunha ditadura con falla de dereitos… inclusive o dereito á vida.
Abramos esa ferida mal curada para poder pechala ben pechada, sen medo ao que poida pasar porque o que estamos é mitigando os erros que os españois tiveron cos propios españois.

No hay comentarios: