Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 23 de septiembre de 2008

A DECADENCIA DA TELEVISIÓN

O outro día, facendo un dos deportes que máis practican os cidadáns dos países do primeiro mundo, o zapping percateime da decadencia á que chegou a televisión en España. E que nunha canle de televisión puiden ver nun programa dos que se denominan “rosa” como procedía a facer declaracións a moza da persoa que agrediu ao profesor Neira.
Todos sabemos o caso deste profesor, o cal saíu na defensa dunha muller que estaba sendo supostamente (digo supostamente porque todo é suposto mentres non se demostre en xuízo) agredida polo seu mozo. Solucionado o problema e unha vez que o devandito profesor xa se estaba dirixindo cara o seu destino, o mozo da rapaza agredida procedeu a atacalo polas costas, propinándolle unha forte paliza. Esta agresión, xunto coa imprudencia dos médicos que o atenderon causou que o profesor pasara a estado de coma.
Os medios de comunicación, sobre todo os noticiarios, fixéronse eco dos feitos e que a muller que estaba sendo agredida non interpuxera denuncia contra a seu mozo despois de que o profesor Neira recibira a paliza. Ata aquí todo ben por parte dos medios de comunicación. Pero a degradación chegou pouco tempo despois cando unha canle procedeu a levar a un dos seus programas á muller pola que o profesor Neira recibiu a paliza a cal saíu defendendo ao seu mozo, negando as evidencias dos vídeos e faltando ao respecto a todo aquel que lle levaba a contra. Pero esto non sería máis que palabras de unha persoa con medo e con numerosos maltratos psicolóxicos se non fora que por acudir ao programa cobrou unha cantidade de diñeiro que segundo o indicado por xente do propio programa chegou aos 70 mil euros…
Isto supón unha barbaridade posto que pagar a unha persoa que busca protagonismo e diñeiro a cambio de defender o indefendible e negar a evidencia, aparte de dicir que o profesor Neira non era un heroe despois de impedir que o seu mozo lle dera unha paliza, supón chegar a unha decadencia televisiva sen parangón.
Pero isto non ven de agora, se non que a decadencia televisiva e unha degradación progresiva que provén de dous factores a entrada dos chamados “realitis” e a progresivo auxe dos programas rosas. Quen non recorda a chegada de programas xa típicos da parrilla de programación como “Gran Hermano” ou “La isla de los famosos” ou outros que intentan ter un contido un pouco máis educativo como “Operación triunfo”, as frases míticas que deixaron e as personaxes que en pouco tempo gañaron o corazón da audiencia, pero que coa chegada doutras versións do mesmo programa ou dun novo “realiti” disolvéronse no anonimato como un gran de azucre nun vaso de auga…
Iso é o que agora é a televisión a crianza de pseudo-famosos, ou famosillos que viven do conto porque saíron en non sei que programa…pero non só se circunscribe á crianza de eses “famosillos” se non tamén da creación dunha nova raza de persoas que se autodenominan “periodistas” pero que en realidade non son mais que pseudo-periodistas dos que se pode decir, que se estudaron unha carreira de 5 anos para facer eso é mellor que se quedaran na casa… pero o malo deses pseudo-periodistas é que todo o mundo fala de eles, deixando de lado a aqueles que verdadeiramente se xogan a vida en cada programa como son os corresponsais de guerra.
Pero a miña crítica non só se circunscribe á eses personaxes xa típicos da fauna televisiva, se non tamén aos directivos das canles de televisión que pretenden obrigar, unha e outra vez meternos polos ollos a todos os espectadores programas de televisión que non aportan ao noso cerebro máis que estupidez permanente. Seguen unha e outra vez apostando por explotar a vea fisgona da audiencia poñendo programas onde á cámara se dedica a ensinar a vida de persoas que se caracterizan por ser dignos ocupantes do diván dun psicólogo ou psiquiátrico ou por saír falando os pseudo-periodistas de se non sei quen se acostou con non se que outro que resultaba ser cónxuxe de non sei que máis, ou de falar de se tal persoa sae en traxe de baño, facendo nudismo ou si se operou non sei que parte do corpo…
Onde están as boas películas con poucos intermedios? Onde os programas onde se prima a intelixencia por enriba de saber dar dous pasos de baile ou escarallar unha canción? Onde están eses documentais instrutivos? Onde están os programas infantís cos que todos crecemos e aprendemos e que ocupaban a parrilla da tarde?… preguntas as que a resposta é clara, en ningún lado porque iso non ten audiencia, polo que non trae publicidade e non xera ingresos…polo que o fin último de todo isto é a riqueza, ou dito de outro modo a ditadura do diñeiro.
En resumo unha tele-basura que nos apampa, nos fai máis estupidos e non nos aporta máis que decadencia; así que aos que non podemos ter Satélite ou Dixital Plus terémonos que conformar cos programas culturais da 2 ou coa radio, que aí de momento a tele-basura non puido entrar…pero por canto tempo?

No hay comentarios: