Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

lunes, 29 de septiembre de 2008

SILENCIO

No alto do noso mundo,
esconcidos na calma do universo,
rodeados dunha tranquilidade muda;
pedíchesme uns versos.

Na inspiración divina do amante,
reciteiche a poesía do silencio
que sae dun corazón doente
que estaba no principio da desesperanza.

Resucitado pola túa mirada
só che podo pagar con silencio.
Falta de palabras que todo o din,
pois as verbas xa nacen dos xestos.

Xogos de caricias na rocha,
miradas perdidas que se cruzan
mostrando sentimento de poesía,
mentres os paxaros asubían.

O sol perdese no horizonte
mentres sigo cos meus versos silandeiros,
que fan palpitar o corazón ferido,
que coa túa paciencia e inocencia curaches.

Agora entrégoche a túa recompensa,
quedando pagas ás débedas,
pero non se dixo o máis importante
que quedou oculto nas palabras,
gardadas eternamente dunha estrela
que levará o nome salvador
do meu Anxo redentor.

Dragón Soñador
26 de septiembre de 2008

jueves, 25 de septiembre de 2008

POESÍA SILANDEIRA

Para o meu Anxo por facerme ter esperanza e salvarme da negrura eterna que produce os amores pasados que se van...grazas meu Anxo por estar ahí
Cada mañá,
unha amarga bagoa
percorría o meu corazón,
por un amor morto.
E apareciches ti!
Cada día,
era unha loita co recordo,
que facía tapar con sombras
o sol radiante do verán.
E chegaches ti!
o ritmo dunha vida;
ennegrecida polo desamor;
espertou polos teus coidados
e renaceu polas túas caricias.
Todo porque estabas ti!
Pedinche o prezo pola salvación,
requeríndome unha soa poesía;
e sentados nunha pedra,
mentres aarecía un atardecer perfecto
no noso mundo e na miña tristura,
ofrecinche os versos puros do corazón
dunha canción, que espero eterna,
na historía do noso destina.
non ouvo palabras de amor,
senón caricias puras,
miradas inocentes entrecruzadas,
mentres a luz do solpor;
xogando coa eterna beleza;
realzaba a figura do meu Anxo salvador
e que agora é a miña adoración.
E mentres oias a canción do silencio
a necesidade de ti aumentaba;
e mentres o mundo continuaba
precisaba que ese segundo non pasara;
e mentres todo remataba
desexaba santir o teu corazón.
Oh, meu Anxo salvador!
uns versos non son suficientes,
pois todos os poetas do mundo
non poderían expresar o agradecemento,
nin tampouco este sentimento
que agora intento decirche
mediante tinta que sae do interior;
mais espero que os meus xestos,
as miñas caricias e aloumiños
salden esta débeda que contrín contigo
e paguen o dano que a vida che causou.
Dragón Soñador
24 de setembro de 2008

martes, 23 de septiembre de 2008

A DECADENCIA DA TELEVISIÓN

O outro día, facendo un dos deportes que máis practican os cidadáns dos países do primeiro mundo, o zapping percateime da decadencia á que chegou a televisión en España. E que nunha canle de televisión puiden ver nun programa dos que se denominan “rosa” como procedía a facer declaracións a moza da persoa que agrediu ao profesor Neira.
Todos sabemos o caso deste profesor, o cal saíu na defensa dunha muller que estaba sendo supostamente (digo supostamente porque todo é suposto mentres non se demostre en xuízo) agredida polo seu mozo. Solucionado o problema e unha vez que o devandito profesor xa se estaba dirixindo cara o seu destino, o mozo da rapaza agredida procedeu a atacalo polas costas, propinándolle unha forte paliza. Esta agresión, xunto coa imprudencia dos médicos que o atenderon causou que o profesor pasara a estado de coma.
Os medios de comunicación, sobre todo os noticiarios, fixéronse eco dos feitos e que a muller que estaba sendo agredida non interpuxera denuncia contra a seu mozo despois de que o profesor Neira recibira a paliza. Ata aquí todo ben por parte dos medios de comunicación. Pero a degradación chegou pouco tempo despois cando unha canle procedeu a levar a un dos seus programas á muller pola que o profesor Neira recibiu a paliza a cal saíu defendendo ao seu mozo, negando as evidencias dos vídeos e faltando ao respecto a todo aquel que lle levaba a contra. Pero esto non sería máis que palabras de unha persoa con medo e con numerosos maltratos psicolóxicos se non fora que por acudir ao programa cobrou unha cantidade de diñeiro que segundo o indicado por xente do propio programa chegou aos 70 mil euros…
Isto supón unha barbaridade posto que pagar a unha persoa que busca protagonismo e diñeiro a cambio de defender o indefendible e negar a evidencia, aparte de dicir que o profesor Neira non era un heroe despois de impedir que o seu mozo lle dera unha paliza, supón chegar a unha decadencia televisiva sen parangón.
Pero isto non ven de agora, se non que a decadencia televisiva e unha degradación progresiva que provén de dous factores a entrada dos chamados “realitis” e a progresivo auxe dos programas rosas. Quen non recorda a chegada de programas xa típicos da parrilla de programación como “Gran Hermano” ou “La isla de los famosos” ou outros que intentan ter un contido un pouco máis educativo como “Operación triunfo”, as frases míticas que deixaron e as personaxes que en pouco tempo gañaron o corazón da audiencia, pero que coa chegada doutras versións do mesmo programa ou dun novo “realiti” disolvéronse no anonimato como un gran de azucre nun vaso de auga…
Iso é o que agora é a televisión a crianza de pseudo-famosos, ou famosillos que viven do conto porque saíron en non sei que programa…pero non só se circunscribe á crianza de eses “famosillos” se non tamén da creación dunha nova raza de persoas que se autodenominan “periodistas” pero que en realidade non son mais que pseudo-periodistas dos que se pode decir, que se estudaron unha carreira de 5 anos para facer eso é mellor que se quedaran na casa… pero o malo deses pseudo-periodistas é que todo o mundo fala de eles, deixando de lado a aqueles que verdadeiramente se xogan a vida en cada programa como son os corresponsais de guerra.
Pero a miña crítica non só se circunscribe á eses personaxes xa típicos da fauna televisiva, se non tamén aos directivos das canles de televisión que pretenden obrigar, unha e outra vez meternos polos ollos a todos os espectadores programas de televisión que non aportan ao noso cerebro máis que estupidez permanente. Seguen unha e outra vez apostando por explotar a vea fisgona da audiencia poñendo programas onde á cámara se dedica a ensinar a vida de persoas que se caracterizan por ser dignos ocupantes do diván dun psicólogo ou psiquiátrico ou por saír falando os pseudo-periodistas de se non sei quen se acostou con non se que outro que resultaba ser cónxuxe de non sei que máis, ou de falar de se tal persoa sae en traxe de baño, facendo nudismo ou si se operou non sei que parte do corpo…
Onde están as boas películas con poucos intermedios? Onde os programas onde se prima a intelixencia por enriba de saber dar dous pasos de baile ou escarallar unha canción? Onde están eses documentais instrutivos? Onde están os programas infantís cos que todos crecemos e aprendemos e que ocupaban a parrilla da tarde?… preguntas as que a resposta é clara, en ningún lado porque iso non ten audiencia, polo que non trae publicidade e non xera ingresos…polo que o fin último de todo isto é a riqueza, ou dito de outro modo a ditadura do diñeiro.
En resumo unha tele-basura que nos apampa, nos fai máis estupidos e non nos aporta máis que decadencia; así que aos que non podemos ter Satélite ou Dixital Plus terémonos que conformar cos programas culturais da 2 ou coa radio, que aí de momento a tele-basura non puido entrar…pero por canto tempo?

jueves, 11 de septiembre de 2008

AMOR NATURAL

Noite de lua chea, cos seus raios
iluminas os corpos dos amantes,
abrigados por un manto de estrelas
que os protexen de miradas alleas;
mentres a brisa fresca de verán
acaricia a pel espida.

Amor que florece entre natureza
eleva ao paraíso a dous vivos,
permanecendo sempre eterno
na temporalidade das súas vidas.
Máis agora só están eles,
rodeados dunha vexetación
que lles da albergue nocturno,
concedendo a soidade de dous
e outorga unha tregua de silenzo,
quebrado polos berros gozosos,
producidos polas súas miradas profundas
que se perden cos bicos de paixón.

Agora é un ceo na Terrra,
até que o sol faga esvaecer
esta realidade efémera.
Máis sempre lles quedará o recordo,
e unha natureza eterna
que os volverá acoller,
cando eles queiran regresar,
nunha noite de lúa chea
que esperte o fogo
dos corazóns destes amantes.

Dragón Soñador
25 de agosto de 2006

martes, 9 de septiembre de 2008

O CONFLICTO DA MEMORIA HISTÓRICA

A Guerra Civil española rematou oficialmente o 1 de abril de 1939 e a ditadura de Franco, consecuencia de aquela, foi amorecendo pouco a pouco dende 1975 ata 1978. Pero a verdade é que, aínda que transcorreron 30 anos dende a aprobación da Constitución e case 70 anos dende a final dunha guerra entre irmáns, non se pecharon as feridas que se abriron entre as dúas Españas ou a lo menos se cren pechadas, estano en falso xa que é preciso lembrar aos caídos para poder seguir adiante.
O goberno actual aprobou a lei da memoria histórica, a cal pretende lembrar a tódolos españois que durante o Franquismo se esqueceron, ou mellor dito se fixeron esquecer… Xa é hora de que as vítimas da Guerra Civil e do Franquismo estean onde verdadeiramente se merecen, que é coas súas familias e non enterrados es foxas comúns ou nas cunetas de camiños e estradas españois. Xa é hora que se recoñeza que na Guerra Civil producíronse moitas atrocidades por ámbolos dous bandos. Xa é hora de devolver a honra que merecen aqueles que foron asasinados nos montes e cunetas españolas ou condenados en xuízos rápidos sen posibilidade defensa soamente porque pensaban distintos aos seus asasinos.
Como é posible que existan españois que non queiran que os cadáveres perdidos polos montes españois regresen as familias que levan anos buscando aos seus familiares asasinados? Cómo eses mesmos poden xustificarse en que non se pode remover o pasado?
Debemos de cerrar unhas feridas que xa se tiñan que haber pechado coa Democracia realizando o que o Goberno socialista 30 anos despois; pero como sempre, a dereita critica todo aquilo que teña que ver co pasado recente español; nos anos 80 porque era moi recente lebrar e agora alegando que é mellor non lembrar porque as feridas están pechadas…e mentres din iso moitas familias españolas seguen pedindo que se lle devolvan os cadáveres dos seus pais, nais, fillos, irmáns, abos…
Debemos dunha vez recoñecer os mortos, abrir as foxas comúns (sexan do bando que sexan porque en todo caso eran españois) para darlles as honras que merecen e que volvan a estar coas súas familias. Porque xa é hora de que desaparezan de España os símbolos dunha ditadura que asasinou a moitos españois e que mantivo a España ancrada no pasado e aos españois subxugados no brazo rexo dunha ditadura con falla de dereitos… inclusive o dereito á vida.
Abramos esa ferida mal curada para poder pechala ben pechada, sen medo ao que poida pasar porque o que estamos é mitigando os erros que os españois tiveron cos propios españois.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

UNHA RECOMENDACIÓN EDITORIAL



Libro: El nombre de la rosa
Autor: Humberto Ecco
Editorial: El País, novela histórica
“El nombre de la rosa” converteuse no libro éxito de ventas no ano da súa publicación en 1980 chegando a ser o maior “best seller” en ventas até a aparición de “O código da Vinci”, o que supón unha rareza editorial xa que a novela non ten as calidades típicas dun “best seller” ao ser difícil de ler, con complicados e profundos diálogos filosóficos e teolóxicos que fan que a lectura do libro sexa, en determinados momentos, árida, lenta e laveríntica.
Entrando no argumento da novela o protagonista non é o novicio benedictino Adso (que narra a historia da novela), ou o seu mestre franciscano Guillermo de Baskerville; senón que o protagonista da novela é unha abadía benedictina do norte de Italia da cal non sabemos o nome en toda a novela, e sobre todo a súa biblioteca, na que se acumula gran parte da sabiduría acumulada ao longo dos séculos no occidente; e na que se producen uns feitos extraños, a cal é a morte dun monxe de maneira misteriosa. Para resolver este problema é enviado Guillermo de Baskerville, un monxe franciscano inglés e antigo inquisidor; xunto co seu aprendiz novicio Adso.
Xunto chegan a unha abadía chea de prohibicións sobre a utilización da biblioteca e do silencio dos monxes con determinados secretos existentes na propia abadía. Pero as dificultades do descubrimento do monxe falecido aumentarán á vez que se resolve dito asunto porque comezará unha serie de asasinatos que rodean á biblioteca e a un libro prohibido perdido dunha zona totalmente prohibida da biblioteca o “finis africae”; combertendose este asunto no centro da investigación dos dous protagonistas e á vez o centro da novela.
En canto ao resultado final da investigación vai a ser interesante para o lector, pois quizais resulte inesperado o asasino, á vez que ao longo do libro, o lector poderá darse de conta rapidamente cal é a arma homicida, grazas as pistas que o escritor nos vai contando ao longo da novela.
Entrando no aspecto narrativo, a novela comeza con un capitulo, no que o escritor intenta darlle veracidade á novela dicindo que o escrito que o lector vai a ler é unha tradución dun libro atopado por el mesmo. Tendo a partir de ese momento un narrador en primeira persoa o cal é o propio Adso, xa maior e a punto de finalizar a súa longa existencia. De esta maneira, maxistralmente, Umberto Ecco para darlle máis realismo, fai que o narrador a veces se perda en pequenos detalles sen importancia, típicos de alguén que está escribindo os seus recordos, esquecéndose doutros que terían máis importancia.
Entrando no tipo de linguaxe que utiliza Umberto Ecco, podemos dicir que é unha linguaxe complicada, difícil de ler para un lector pouco experimentado, no que se produce a mezcolanza dunha linguaxe bastante culta xunto con grandes diálogos no que se profund
izan en temas non só filosóficos e relixosos, senón tamén doutras ciencias, como a bioloxía, a menciña ou inclusive a tecnoloxía como a invención das gafas que utiliza Guillermo.
Finalmente, non podo rematar este pequeno comentario sen facer referencia a dous asúntos. O primeiro ao tempo situado a novela, que é o conflicto entre o Papa Juan XXII e o Emperador Ludovico do Imperio Sacro Romano Germánico; e o segundo é facer referencia a adaptación de esta novela ao cinema polo director Jean Jaques Annau, a cal e dunha excelente calidade e fidedigna a esta novela, pero este é un tema que é mellor deixalo en mans dos meus compañeiro de Banda Aparte cinema, cos cales podedes contactar no enlace deste mesmo blog.