Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

domingo, 19 de abril de 2009

RUTA DO CARES






Non se pode dicir que se estivo nos Picos de Europa se non se visita o que se coñece como a “Garganta Divina”, a Ruta do Cares. Esta ruta de sendeirismo que se estende entre as provincias de León e Asturias é un camiño a facer por calquera persoa que lle guste dar largos paseos, e acompañado pola familia ou os amigos.
Nesta ruta de sendeirismo, non precisará ningún tipo de equipamento, nada máis que unha mochila con unha botella de auga, un bocadillo para repor forza, e unha cousa imprescindible… unha cámara con suficiente pila e memoria para sacar fotografías dende o primeiro minuto até o derradeiro do longo paseo. É que o visitante quedará marabillado pola maxestuosidade da natureza e polo enxeño do ser humano.
A ruta do Cares é unha garganta natural nos Picos de Europa feita polo río Cares nos miles de años que as súas augas levan percorrendo estas montañas…pero a ruta de sendeirismo é posible grazas a unha obra de enxeñería realizada entre 1919 e 1929 onde un grupo non superior a medio centena de homes perforaron a pedra dos Picos de Europa para construír un canal e un camiño de uns 14 quilómetros de longo dende Caín (León) até Poncebos (Asturias). Este canal suministraba auga é central eléctrica situada en Caín. A Auga era recollida na pequena presa de Caín.
A ruta do Cares podémola comezar en diversos lugares pero o máis recomendado é facer a ruta máis espectacular que é entre Caín e Poncebos, que son 14 quilómetros de ida que hai que percorrer de volta. Outro opción é deixar un coche en Poncebos e outro en Caín o que sucede é que por estrada estas dúas localidades están separadas por máis de 100 quilómetros, polo que existen tres opcións, ou facer ida é volta, ou facer unha viaxe con un dos moitos grupos organizados, ou ben coordinarse para un grupo, uns sair de Caín e outros de Poncebos e cando se crucen intercambiar as chaves dos coches.
Eu fixen a ida e volta e a verdade non é que sexa de moita dificultade para unha persoa máis ou menos preparada, iso si nese paso é mellor comezar cedo porque aínda que camiñando a bo ritmo en 3 horas pódese facer, o pracer de ver os picos de Europa no seu esplendor fará que o camiño se relentice facendo fotografías e quedándose pampo mirando ao redor.
A parte máis impresionante é a parte da provincia de León, pois comezando por Caín entras por unha gruta artificial escavada nas montañas nas que estaremos a escuras, salvo pola pouca luz natural que poda entrar polas “ventás” feitas na pedra. Unha vez superados eses túneles (estreitos e baixos) xa estaremos ao aire libre nun camiño no que non collerán máis que dúas persoas de ancho e que transcorre ás veces á par do canal, outras por riba de aquel e outras por debaixo, pois o canal está incrustado, na súa maioría, nas montañas.
Poderemos ver unha multitude de animais e incluso ao noso carón estarán cabras montesas, que incluso nos seguirán no camiño. Tamén admiraremos a maxestuosidade da auga que circula ceibe e pura por entre as rochas.
O camiño é fácil, pois é practicamente chan excepto na parte de Poncebos na que existe unha pequena subida e unha pequena baixada. Pero a cuestión é que ao final da ruta (sobre todo se a facemos ida e volta) acabaremos total mente cansado e no momento en que nos sentemos non desexaremos levantarmos.
A aqueles que lles guste o montañismo, na metade da ruta poden coller outras rutas como é a ruta da Reconquista, que foi a seguida por Don Pelayo na batalla de Covandonga ou a de Covadonga que leva até os lagos, pero a súa duración e de cerca de 9 horas, así que esa ruta é para ir preparados.
Para acabar dicir dar uns pequenos consellos ao lector que o queira facer. O primeiro e que estamos nun parque natural, polo que está prohibido coller plantas ou pedras ou molestar aos animais que se atopen na zona, e tamén está prohibido deixar restos. O segundo é que temos que admirar as aldeas de Caín e Poncebos, pois son as típicas aldeas de montaña que desprenden un encanto especial. O terceiro e que a entrada por Caín por estrada é moi complicada, así que hai que conducir con coidado. E por último é que esta ruta é moi concorrida polo que é recomendable non facela nin no mes de agosto, nin os fines de semana dos meses de verán.