Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

miércoles, 8 de julio de 2009

CONFERENCIA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

A miña primeira experiencia nun curso de verán como conferenciante, e non como participante, foi digna de ser repetida. Os nervios invadíronme dende o primeiro momento, e mentres os outros dous conferenciantes expuñan as súas ponencias eu seguía pensando en como comezar. Pasaron pola miña mente miles de formas de expoñer os coñecementos adquiridos nas semanas anteriores sobre o cambio climático, pero ao final comecei facendo referencia a ponencia anterior e centrando a conferencia nas responsabilidades que temos cada un dos cidadáns no cambio climático.
Era un cambio con respecto as dúas anteriores ponencias e é que a primeira era dada por un profesor universitario especialista en economía aplicada ao cambio climático e a segunda polo concelleiro de medio ambiente do Concello de Nigrán centrada no urbanismo do concello de Nigrán con respecto ao cambio climática, pero cunha perspectiva negativa sobre o futuro que nos agarda; polo que decidín centrala na esperanza de que o cambio climático, aínda que sexa unha realidade, pódense extinguir, ou polo menos reducir, os seus efectos.
Ao longo dos minutos seguintes, aínda que poucos, intentei dar datos sobre a situación do cambio climático en España, de que os cidadáns somos parte do problema (e non só as industrias e as administracións), pero esperanzado no cambio porque tamén somos parte da solución xa que os gases invernadoiro que emiten os cidadáns dende as súas casas son un 30€ do total, así que todos de maneira individual e conxunta somos os que temos que traballar para deixar de emitir un exceso de CO2 a atmósfera.
Puxen exemplos que fun recopilando ao longo da fase de estudo, algún deles relacionados coa Confederación Hidrográfica del Duero e a xestión das augas.
O tempo pasou rápido, aínda que os nervios perviviron ata o derradeiro minuto, así que ao rematar sentín un alivio (pero tamén satisfación) cando dixen que “todos somos parte do problema, pero todos temos que ser parte da solución”.
Tamén cometín erros por mor dos nervios e así dixen que a enerxía renovable en España é un 20€ incluída a nuclear, cando o dato era sen enerxía nuclear xa que a enerxía nuclear en España constitúe “per se” un 20%.
A experiencia foi boa, e aínda que me gustaría dar outra con máis tempo, teño moito que mellorar e sobre todo utilizar outros medios como por exemplo os “power paint”, polo que terei que seguirme perfeccionando.