Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 10 de marzo de 2009

A VIAXE DUN DÍA: COCA E CUELLAR.


O primeiro artigo será sobre a última viaxe polas terras castelán-leonesas; aínda que non será a única nos vinddeiros días.
Esta viaxe é de realizar nun só día intenso polas terras segovianas. O día comezará visitando a vila de Coca; á que se pode chegar ben dende Valladolid ou dende Madrid. Unha vila no que os aires da historia chegan até o gran imperio romano, pois este é o lugar de nacemento de Flavio Teodosio “o Grande”; un dos dous emperadores romanos nacidos na provincia hispánica.
Chegando dende Valladolid (como o fixen eu) a imaxe é preciosa, como se pode ver na primeira das fotografías na que se ve ao fondo o castelo e a torre de San Nicolás.
Unha vez que se entra na vila, estaremos ante unha vila tipicamente castelá con casas de pranta baixa, sobre as que destacan catro monumentos. O primeiro é a igrexia gótica rematada de contruir en 1520 sobre unha igrexa románica anterior. Está construída en ladrillo, ainda que os seus contrafuertes son en pedra caliza. E a única das sete igrexas coas que algunha vez chegou a contar Coca.
O segundo dos monumentos, é visible dende calquera punto da vila é a Torre mudexar de San Nicolás. Unha torre que foi o campanario dunha igrexa mudexar do século XII actualmente derruída. Ten unha envaegadura de cinco pisos de alto, dándolle un toque de distinción a esta gran vila.
O terceiro dos monumentos e o pequeño pedazo de muralla que se conserva. Estamos ante uns 200 metros de muralla medienval, aínda que os seus orixes remóntanse a época romana. Só se conservan estos poucos metros, ainda que orixinalmente rodeaba totalmente a vila, xa que cando a vila creceu as novas vivendas construíronse sobre a muralla e posteriormente foi derruída para aliviar o aglomeramento da vila e dar máis hixiene á mesma; utilizándose a muralla como canteira polos veciños. Xunto este pedazo de muralla atoparemos dous cabalos na parte exterior de orixe romano, e un busto dedicado a personaxe máis insigne desta vila Teodosio. Á muralla pódese subir, e se vai bo tempo pódese ver os montes entre as provincias de Segovia e de Madrid e se prestamos atención podemos ver como a forma das montañas parecen unha muller recostada (aínda que hai que votarlle imaxinación).
Aproveitando uns poucos metros da muralla e un antigo castelo, atopamos o castelo-palacio de Coca. Foi mandado construír no século XV por Fonseca, e aínda que a súa construcción en ladrillo parece que lle outorga debilidade, o grosor dos seus muros da unha impresión de rudeza e grandeza increíble. O castelo foi seríamente danado polas tropas napoleónicas, aínda que reconstruído conxuntamente entre a que era a súa propietaria; a duquesa de Alba (algo moi usual nestas terras castelás que esta nobre teña grandes propiedades); e a Xunta de Castela e León para albergar a escola de capataces agrarios. Actualmente pódese visitar e ver os innumerables ocos que alberga.
Toda esta visita levaralle ao visitante toda a mañá, pois ademais sempre hai outros monumentos que ver como é o “centro cultural Fonseca”, o Hospital de “Nuestra Señora de la Merced” ou o “Puente Chico” de construcción medieval. Por en, recomendo ao lector que queira visitar a zona, que coma na zona, pero os seus produtos típicos, que lle ofrecerá calquera restaurante-bar da zona e que son, a saber, os produtos ibéricos, a cría de porco asado (“cochiñillo asado”) e de postre, piñóns.
Despois dun xantar algo forte, a tarde será doutra vila preciosa: Cuellar, que se atopa a uns 15 quilómetros de Coca. Por desgraza eu non tiven tempo de podelo ver todo xa que tiven a mala sorte de utilizar a tarde do domingo para todo, pero o pouco que puiden ver impresiona. O castelo é moito máis impresionante que o de Coca, xa que a construción é de pedra, o que supón que pareza moito máis rudo é resistente, aínda que máis pequeno en altura. A pena é que parte da súa muralla exterior non existe ao estar completamente derruída no momento de reconstrución do castelo.
En fronte ao castelo atoparemos unha igrexa no que o campanario, máis que un campanario é un minarete, e dicir, unha torre de vixilancia que seguramente formaba parte da muralla exterior do castelo, e sería aproveitada cando o castelo foi deixado de ser útil. Esta teoría é lóxica porque a igrexa é posterior, no seu estilo e material á do seu campanario, o cal se parece máis ao castelo.
Finalmente puiden ver unha das igrexas de Cuellar, de estilo románico aínda que xa comezan a divisarse carácteres de estilo gótico nos seus contraforte exteriores que están independentes da parede que forma a igrexa.
Ata aquí todo o que puiden ver nunha intensa tarde de domingo do final de inverno, quedándome para outro día rematar a visita a Cuellar e visitar Íscar; a terceira vila importante da zona e que de camiño de volta a Valladolid, puiden ver que ten unha fortificación bastante interesante; aínda que a escuridade pode confundir ao ollo humano.
Para máis coñecemento e información sobre a zona pódese ver ás páxinas web:
Concello de Coca: http://www.coca-ciudaddecauca.org/
Concello de Cuellar: http://www.aytocuellar.es/

No hay comentarios: