Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

miércoles, 20 de mayo de 2009

VIAXE DE UN DÍA: SEGOVIA










Cando un se postra ante o acueducto de Segovia soamente pode ver pampo como dous mil anos de historia arquitectónica civil o contemplan. Dous mil anos no que o que parece agora sinxelo (levar auga de un punto a outro) foi feito para as xeracións da época da súa construción e da actual. Milleiros de pedras colocadas de tal xeito que sen argamasa poden aguantar a intemperie, á vez que son capaces de transportar auga dende a serra de Guadarrama (Madrid) até o mesmísimo centro da cidade de Segovia.
Máis non so o grande imperio romano deixou marca nesta cidade castelá, senón que o paso do tempo e da historia foi deixando impresa nas rúas da cidade os seus movementos. Dende arquitectura civil ate arquitectura relixiosa, e sen esquecernos da militar; temos en Segovia máis de 70 monumentos que visitar e coñecer. Por elo non é bo realizar a visita nun só día, senón que o mellor e utilizar un fin de semana, e para elo resultará curto.
Para visitar esta cidade, patrimonio da Humanidade, débese facer camiñando, non só porque é pequena, senón porque a maioría das súas rúas son peonáis e os poucos aparcadoiros céntricos soen estar ocupados os fins de semana, polo que é recomendable que se deixe o coche nas aforas e se achegue ao centro camiñando. As imaxes que vai reter a retina son impresionantes mentres se achega á cidade, sexa polo punto que sexa.
Os moitos lugares que visitar fai que non os poida citar a todos, pero destacarei os máis importantes. Excluído o monumento símbolo da cidade (o acueducto) cabe destacar primeiramente o Alcazar. Esta fortaleza, situada na outra punta da cidade con respecto ao acueduto, nace dos restos dunha fortaleza romana no século XI e foise reformando ate entrado o século XIX pasando por diversas finalidades. A súa entrada custa 3€ pero merece a pena. Tamén merece a pena as vistas que se teñen da cidade dende os xardíns que o rodean, así e como a imaxe que ofrece este monumento dende o Arco de la Fuencisla situado na estrada Segovia-Valladolid por Arévalo (C-605).
Outro monumento da cidade que merece a visita é a Catedral de “Nuestra Señora de la Asunción y de San Frutos” que se comezou a construír en 1525. pero non só destaca pola súa beleza exterior, senón tamén polas excepcionais obras de arte que nela se contemplan que teñen como culmen o “Cristo Yacente” de Gregorio Fernández.
Así poderíamos seguir e citar a lo menos unha ducia de igrexas como a “Vera Cruz” (s. XIII de estrutura dodecagonal e que pertence á Orde de Malta), “San Martín” (románica do século XII), “San Miguel”, “San Andrés”, “San Marcos” ou “Santa Eulalia”. Pero o a arquitectura relixiosa de Segovia ten máis expoñentes que igrexas, como son mosteiros (San Vicente el Real, Santa María del Parral ou San José), conventos ou o mesmísimo palacio episcopal, de fachada renacentista.
Pero non so se pode ver arquitectura relixiosa, senón tamén civil como o “Torreón de Lozoya”, “Casa de los Picos”, “Casa de la Moneda” ou “Palacio de los Condes de Mansilla”.
Mentres visitamos todos os monumentos de Segovia, percorreremos as súas rúas ateigadas de historia e as murallas que envolven a cidade antiga. Tamén poderemos percorrer o Barrio Xudeu e o Barrio “de los Caballeros”. Recomendarei nesta visita que se rice cada recuncho e cada rúa pois sempre poderemos atopar xardíns escondidos, que non soen estar tan visitados como as rúas principais e que son dignos de admiración como son os que están na Igrexa de “San Nicolás”.
Pero ademáis de visitar, non nos podemos esquecer de realizar un acto que sempre recomendo cando se viaxe, probar a gastronomía da zona, e neste caso, e sen ningún tipo de discusión esta o “lechón asado” que é a cría de porco aínda amamantado. Pero se non somos moitos ou non temos tanto saque como para comer un leitón enteiro, mellor comer un pincho de leitón.
Segovia deixará ao visitante repleto e quererá volver a unha cidade que deslumbra tanto polo día como pola noite…unha derradeira consideración as rúas principais no fin de semana sempre están ateigadas de visitantes, así que paciencia e tranquilidade.

No hay comentarios: