Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

martes, 11 de noviembre de 2008

CALATAYUD E A SÚA COMARCA

Cidade, situada ao leste da provincia de Zaragoza e en plena Cordilleira Ibérica, ten escondidos fermosos tesouros tanto culturais, como naturais.
A nivel cultural termos que destacar as diversas construcións distribuídas, non só pola cidade en sí, senón tamén por toda a extensa xeografía, con monumentos dignos de ver. Pero se dúbida o que destacaría sería a que poderíamos chamar xoia da coroa de Calatayud, que é un fresco de Goya, pintado cando este famoso pintor español dos séculos XVIII e XIX tiña 17 anos, polo que é a primeira obra coñecida deste pintor. Esta obra pictórica, podémola atopar na propia cidade de Calatayud, na súa igrexa principal. Esta obra está realizada, non sobre un lenzo, nin tampouco nunha parede, senón sobre madeira e son as portas dun armario-relicario. Pero a verdade, xunto a esta xoia pictórica podemos atopar outras xoias no museo privado da parroquia, que se pode visitar por un módico prezo de 1,50 € no que se inclúe a un guía; que sen ser experto en arte; explica toda dunha forma que pode chegar a ser maxistral. Un pequeno apuntamento deste museo é que atoparemos un armario no que se atopan tódolos arcanxos dos santos sacramentos, dos que nos asombraremos (como o fixen eu) que son catro os arcanxos e non tres como normalmente se pensa.
Despois de ver esta asombrosa igrexa e o seu museo, o visitante pode pasear polas diversas rúas da cidade no que verá obras arquitectónicas nos que atopará diversos tipos arquitectónicos, entre os que atoparemos o mozarabe, o románico, barroco e inclusive psudo-neoclásico, ou algo que así me pareceu nunha fachada dunha igrexa. Todas estas construcións estarán feitas en pedra ou en ladrillo. Existe, preto da praza maior unha igrexa (tan grande coma unha catedral) feita de ladrillo; a cal me impresionou debido a que xamais vin algo parecido na Nosa Terra galega.
A cume da visita a cidade de Calatayud é a visita ao seu castelo árabe. A verdade é que a súa conservación non é moi boa, pero xa se están tomando medidas para evitar a súa destrución polo paso do tempo. En todo caso a súa visita merece a pena, pois é impresionante a extensión que cobren os seus muros máis exteriores, así e como a fortaleza atópase dividida en dúas partes, unha en cada colina da cidade.
Deixando xa a visita á cidade de Calatayud non se pode deixar de visitar o “Monasterio de Piedra”. Situado no nacemento do río “Piedra”, o mosteiro foi construído no século XI e XII, e aínda que despois da desamortización de Mendizábal foi parcialmente destruído pola deixadez e polos espolios cometidos polos veciños da zona, ate que foi adquirido por uns nobres. O mosteiro pódese visitar só en parte, pois a outra parte está dedicada a un Hotel. Mentres se espera polo guía para a visita (a visita é sempre guiada) pódese visitar a exposición permanente sobre o chocolate, posto que este foi o primeiro lugar onde se fixo chocolate por primeira vez en Europa.
Pero o máis importante do mosteiro non é a construción en si, se non todo o parque que o rodea, onde a auga xoga por entre as terras, formando cataratas impresionantes. A visita non só merece a pena, se non que é imprescindible. Por entre a natureza a paz invade todo o corpo e a alma. Agora sei porque estaba situado un mosteiro nesa zona, xa que era a mellor forma de reflexionar e atopar a paz espiritual. A ruta, tan só por entre os camiños que percorren toda esa maravillosa natureza dura entre unha hora e media e dúas horas. Mais non só atoparemos paisaxes, se non tamén mostras de cetrería con todo tipo de aves. Toda a visita ao mosteiro, incluída a visita guiada polo mosteiro, a visita ao parque e a cetrería son 12 €.
Tamén o visitante ten que realizar unha parada obrigada nas Hoces do Río Me4sa en Jaraba que se caracterizan por ser un desgaste do río nas montañas arcillosas da zona. Impresiona a capela existente no medio das hoces e a media altura entre o chan e o ceo.
Finalmente os viaxeiros que percorren a zona deben visitar tódolos pobos do alrededor porque sempre van encontrar cousas interesantes; así terá á súa disposición Castrejón de las Armas, Ateca, Jaraba, Nuévalos, Terrer, Alhama de Aragón…
O viaxeiro non pode deixar esta zona de Zaragoza sen levarse antes para casa un pouco de chocolate de Ateca, que se vende en tabletas de un kilo, e do que dou fe de que está moi rico.
Unha curiosidade final é que en todos as aldeas, vilas, e na propia cidade de Calatayud, as torres, os campanarios das igrexas, e algúns edificios atópanse torcidos e a punto de caer…a resposta ao enigma de porqué están así radica no solo, xa que a zona está formada por terreos calcareos xunto con terreo estable, o que fai que si se filtra auga nunha zona calcarea, esta desfaise, facendo torcer o edificio ao desprazar a súa cimentación.

No hay comentarios: