Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

viernes, 7 de noviembre de 2008

OBAMA: A REALIDADE DA ILUSIÓN

Tiven un sono no cal a esperanza volvía a rexurdir na Humanidade. Tiven un sono no que, por fin, a raza e a cor da pel non importa para chegar ao máis alto. Tiven un sono no que a xuventude e a ilusión polo cambio chegaba ao goberno da nación máis poderosa do mundo.
Ese sono é hoxe unha realidade coa elección de Obama como presidente dos Estados Unidos de América. O novo presidente creará historia, non só por ser o presidente con menos idade dos EE.UU., nin tampouco por ser o primeiro presidente negro da breve historia da, agora, nación máis importante do Mundo (demostrándose así que a cor da pel non pode impedir a ningunha persoa conseguir os seus sonos e compensando a longa historia de marxinación desta raza nos EE.UU.); se non que tamén o será porque espertou, non só nos estadounidenses, se non en case todo o mundo, unha grande espectativa, unha forte ilusión e, sobre todo, unha incontable esperanza de cambio.
Un cambio para un mundo mellor, un mundo de paz e de prosperidade en todo o planeta…pois este norteamericano multiracial soubo crear ilusión entre norteamericanos de tódalas razas e de todo o pais coa súa retórica chea de esperanza nun futuro mellor (we can change).
Pero, agora, despois da resaca electoral e de espertar dunha longa noite de reconto de votos e festexos fagámonos unha pregunta: o cambio pódese dar?; dito doutra maneira, o “yes, we can”, pódese facerse realidade?
É claro que o primeiro paso está dado, o cal foi que os estadounidenses (cidadáns conservadores por natureza) apostasen por un cambio, que en primeiro momento parece radical…pero este é un primeiro paso no camiño longo que nos espera se queremos facer realidade as promesas ilusionantes de cambio e de futuro esperanzador. Porque o difícil chega agora. A realidade que agarda é un mundo en crise, un mundo en guerra contra o terrorismo, un mundo onde o cambio climático é unha realidade; un mundo onde a maioría de habitantes está na extrema pobreza… e a realidade, tamén di que un só home (por moi poderoso que sexa) non pode cambiar o mundo el só.
A sociedade dos EE.UU. ten que cambiar de forma de ser e de pensar para poder axudar a cambiar o mundo que o rodea. Esa é a grande labor que agarda a Obama. É que a realidade dos EE.UU. é unha sociedade moi nacionalista e conservadora, a cal so lle interesa os problemas dos propios EE.UU e a súa propia seguridade económica, política, institucional e defensiva. E iso é palpable, pois millóns de persoas seguiron votando a McCain, ou a representación do ultra conservadurismo, do neoliberalismo en quebra e das guerras preventivas como arma de defensa. E para poder cambiar o mundo terá que cambiar esta forma de ser dos Norteamericanos, e para elo terá que rodearse de políticos que tamén queiran o cambio e teñan as mesmas ilusións para conseguir un mundo mellor.
Máis aínda que os teña, fará falla tempo, recursos e predisposición ao cambio, e iso é algo que so se demostrará andando. E como di o refrán de que “o movemento demóstrase andando” haberá que ver pouco a pouco se toda esta euforia de ilusión para o cambio se aplica a unha realidade bastante desoladora.
Non quero ser a persoa que sexa tachada de pesimista e nin de ave de mal augurio, pero a historia demostra que sempre que algunha persoa intentou un cambio radical nos EE.UU. acabou sendo vítima dun asasinato. Lincoln, Martin Luter Kin, ou Kennedy son exemplos reais desta teoría. Ademáis, aínda que a carreira de Obama está chea de esperanzas feitas realidade, o certo é que como presidente non fixo nada polo que este exceso de ilusión pode levar a unha grande tristeza porque os cambios non se producen ou porque o novo presidente non era o que desexamos. Polo que o mellor despois desta ilusión que existe en tódolos medios, o máis sensato é mirar se o cambio se produce, e sobre todo colaborar para que este cambio sexa realidade, porque todos somos os que debemos de cambiar o mundo na pequena parcela na que nos tocou vivir, facendo así posible a adaptación da frase dun ex presidente americano a un contexto mundial, podendo ser agora “non preguntes o que o mundo pode facer por ti, se non pregúntate o que o ti podes facer polo mundo”.
Pero os españois deberíamos de aprender algo dos americanos, como dixo Gabilondo deberíamos de aprender, como despois dunha forte batalla electoral entre os candidatos que case supón a división o pais en dous bloques, a figura da presidencia dos EE.UU. non sufra danos e sexa indiscutible; recoñecendo a derrota e ofrecendo lealdade ao novo presidente o contrincante perdedor. E iso é así dende sempre. En España isto non ocorre e así o presidente de España é atacado sen contemplación, incluso antes de ser elixido, e incluso é posto en dúbida o resultado electoral (exemplo das eleccións de 2004 e da postura do PP durante os 4 anos seguintes de goberno, restando credibilidade ao mesmo).
Pero os políticos españois tamén deben de aprender outra lección, neste caso de Obama; e é a ilusión que esperta, algo que actualmente non sucede con ningún político español como se pode demostrar coas enquisas oficiais. Polo que os políticos deben de reflexionar sobre esa falla de ilusión que esparcen, e intentar volver a crear unha ilusión nos españois para coa política e de que os políticos poden mellorar este país.

No hay comentarios: