Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

viernes, 2 de mayo de 2008

FUNCIONARIOS PÚBLICOS?

Voulles facer unha pregunta: Das seguintes días opcións, cal de elas lles parece máis xusta para seleccionar aos funcionarios públicos?
1.- Un procedemento a nivel de todo o estado, no que tras varias probas intelectuais e prácticas, se seleccionen por un tribunal, a aqueles aspirantes que obtiveran as mellores notas.
2.- Un procedemento no que existan dúas fases; unha primeira onde se seleccionen a aqueles candidatos con mellor currículo académico-profesional sen ningún tipo de proba; e unha segunda fase no que un tribunal, formado por compañeiros de traballo seleccionen, entre os que se presenten dos que aprobaran a primeira fase, o que vai a converterse en funcionario; tamén se ningún tipo de proba competitiva.
O cidadán medio, que sexa ecuánime e razoable, elixiría a primeira, posto que desta maneira se respectarían os principios de mérito e capacidade; ademais do principio de igualdade de oportunidade. Ademais, é o sistema que actualmente se está a utilizar en case tódolos sistemas para o acceso á función pública.
É pois aquí onde me xurde unha segunda pregunta: porqué entón a universidade pública elixe aos seus profesores polo segundo sistema? Ou dito de outro modo: Porqué dous candidatos a ser fiscais, xuíces ou avogados do estado teñen que competir entre eles e dous posibles profesores de universidade non poden competir entre eles se queren aspirar a ser profesores?
As respostas que se ocorren para resolver a esta incógnita non son moitas e as que veñen á cabeza non deixan en moi boa posición aos profesores universitarios, xa que o que se demostra do dito dá a entender que os profesores universitarios non teñen un bo nivel intelectual. Cousa que podo confirmar empiricamente que non é certo porque, ademais de haber pasado pola universidade, teño moi bos amigos que agora mesmo están impartindo clase no que se presupón como estandarte da cultura humana e símbolo do progreso, da liberdade e do coñecemento.
É por elo que actualmente non atopo unha explicación que me faga ver o motivo desta lexislación aparentemente inxusta, e polo que vexo, inxustificada. Quedando pois a miña pregunta, como unha pregunta retórica que se lanza ao aire para que alguén atope resposta, ou al menos faga algo para acabar con esta inquedanza.
Por certo, e para rematar cunha pequena ironía que sempre nos ofrece o transcorrer do tempo; o primeiro dos sistemas arriba expostos e preconstitucional, o segundo é o actual…irónico, va que sí?

No hay comentarios: