Frases celebres

"Non é suficiente con saber, senon tamén aplicar o sabido; non basta con querer senon que é preciso obrar" Joham Wolfgang

domingo, 11 de mayo de 2008

OS TRANSPORTES DE RENFE EN GALICIA

Nestes días tiven o pracer, ou mellor dito, tiven a mala sorte de utilizar, como outras moitas outras ocasións, os servizos de transporte público de persoas por liñas de ferrocarril en Galicia; ou dito de outra maneira, de utilizar a RENFE en Galicia.
Unha vez que entras nun rexional en Galicia parece que retrocedes no tempo a cando a Constitución non era máis que unha sinxela institución. Un verdadeiro periplo é ir de Ourense a calquer cidade de Galicia en tren.
O primeiro e que tes que dispor de tempo pois para percorrer preto de 100 quilómetros fan falla preto de dúas horas. Por tanto, se necesitas ir a un punto de Galicia en tren e tes presa por chegar, o máis recomendable é que non o fagas neste medio, porque de outra maneira non chegas a tempo. Non é porque o tren se retrase, senón porque sinxelamente é lento. Sen máis explicacións ao asunto.
Despois ven o interior…precioso para fai vinte anos, pero non para o século XXI. Pero da igual se é bonito ou non, senón o que importa é a comodidade. Pois de ela mellor nin falemos, porque os anos que teñen os coches fai que precisamente non sexan moi cómodos. E que ao final da viaxe te atopes con partes do teu corpo durmidas.
Pero non so fai falta tampo e ganas aguantar incomodidades, senón que ademais únese unha cualidade que non é culpa dos trens que circulan senón da propia RENFE, que pon liñas que son insuficientes para as posibles necesidades das cidades galegas. A verdade e que ao mellor máis liñas resultarían antieconómicas, pero acaso RENFE non presta un servizo público? Si a resposta é afirmativa, entón porque se mira pola economía cando o que interesa é prestar un servizo?
Agora fálase de por o AVE que unirán as cidades galegas. Aínda que iso poda resultar algo bo para Galicia (algo que está por demostras), a pregunta é clara: que galego medio poderá pagarse o AVE Ourense-Vigo ou Ourense-Santiago? Unha sola vez moitos, por non dicir que todos, pero a pregunta ten outra subpregunta: que galego poderá pagarse dúas veces a semana dito AVE, como é o caso dos estudantes universitarios? Aquí a resposta é máis sinxela, porque sería case que ningunha persoa.
Outra das solucións é coller un Talgo, pero tamén pode resultar unha dor no peto, aínda que se gana en tempo e en comodidade.
Entón porque non se inviste máis nestas infraestructuras rexionais que poidan unir todas as cidades galegas de unha maneira rápida, cómoda é económica. Desta maneira non só os estudantes poderían acudir máis rápidos e cómodos da súa cidade ao seu lugar de estudos, senón que o mesmo poderían facer os traballadores. Facendo desta maneira un territorio mais coexionado, no que se aposte por un medio de transporte colectivo de persoas que poda transportar unha grande cantidade de persoas, de maneira segura e, quizais a menos contaminante.
Pero o peor de todo é que noutras comunidades existe un bo servizo de transportes rexionais ou cercarías (caso de Madrid ou Barcelona) que permiten que os cidadáns podan vivir nunha cidade pero traballar noutra.
Cando se apostará dunha vez por este servizo de transporte? Dende un principio en España non se apostou por este medio. Desta maneira cando se estaba a crear este servizo noutros países europeos, en España apostouse polos grandes canais…está claro que nos trabucamos nese momento, pero non nós estaremos trabucando agora apostando polo transporte rápido de tren (que está moi ben) esquecéndonos destas liñas rexionais que transportan a toda a clase media española de un punto a outro da súa comunidade? Esta ben progresar e crear unha gran rede de AVE, pero creo que tamén se podería investir nunha gran rede de rexionais, modernos, rápidos, ecolóxicos e modernos; posto que creo que os que actualmente se están utilizando están xa suficientemente amortizados.
Pero isto é soamente unha opinión, non é un informe dunha persoa experta en ferrocarrís ou en transportes terrestres. Eu soamente quero plantexar as dúbidas para que cale en alguén esta idea, que poida der esta situación.

No hay comentarios: